Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

susana tato pampín

Aos veciños de Agolada

Nestes dí as n comprobar algo que, por desgraza, xa sei hai tempo: cando unha di o que pensa e defende o que considera xusto, sempre aparece quen tenta retorcer as cousas ou buscar intereses agochados. Pero eu non falo dende o resentimento nin busco protagonismo; falo dende o corazó n e dende a verdade que coñ ezo como a, como muller e como persoa que cre nunha polí tica limpa e con sentido social.

Sorpréndeme ver a quen hai uns anos criticaba con forza ao Partido Popular, e agora o defende con paixón. Sorpréndeme ver a quen cambia de discurso, de siglas e de principios como quen muda de roupa segundo a tempada. E entristeceume ver que, en lugar de pensar no ben comú n, moitos parecen pensar no seu propio beneficio, na foto, ou na oportunidade do momento.Eu non sei facer polí tica . E, sinceramente, non quero aprender a facela así. A min ensiná ronme que a polítiva é servir, escoitar e erse no lugar do outro; que non se trata de gañar, de defender causas xustas; que a palabra dada vale ,máis que un cargo e que a coherencia é o único patrimonio que unha persoa pode ter.Por iso sempre dixen, e seguirei dicindo, que os meus principios non son negociables. Eu sigo e seguirei crendo nunha polí tica social, próxima xente, que poña persoas por riba dos intereses. Creo nunha Galicia que teña voz propia, que defenda os seus servizos públicos, a a lingua e a sú a terra. E si, creo no nacionalismo galego e na esquerda que non se vende nin se dobra, porque é a ú nica que nos pode garantir dignidade e futuro.Sei que non sempre é fácil manterse firme. Á s veces cansa ver como quen non fixo nada se leva o mérito, ou como quen sempre mirou cara outro lado agora dá leccións de moral. Pero tamé n sei que hai moita xente boa, honesta e traballadora, que non sae nas fotos, que non busca aplausos, e que cada dí a fai país coas as mans, co seu esforzo e coa a verdade.Por esa xente sigo aquí . Porque creo profundamente nunha Agolada viva, xusta, accesible e orgullosa de si mesma. E porque non me resigno a aceptar que a política a queteña que ser sinónimo de intereses persoais.

A min moitas veces acúsanme de ser clara, directa, incluso incómoda. E si, sono. Pero prefiro ser incómoda e coherente antes que calar para agradar. A políí tica, para min, é un acto de conciencia, non de conveniencia. Por iso escribo isto: para lembrar que a verdade e a decencia tamén contan. E que, mentres me quede voz, seguirei usáandoa para defender o que creo, aínda que iso non dea votos nin titulares, porque os principios ,cando son de verdade, non se cambian nin se venden por nada.

Tracking Pixel Contents