Opinión
Decepcionados co tren
Transcorrido xa máis dun ano dende a entrada en funcionamento dos ansiados trens Avril de ancho variable, a sensación, que comparto con moitos outros usuarios, é dunha certa decepción. A realidade é que os tempos non melloraron, as incidencias e retrasos aumentaron, e a comodidade empeorou, especialmente ao comparar co servizo que daba o AVE “de verdade” que facía Ourense-Madrid e que agora fai de xeito testemuñal. Por enriba, a comodidade dos trens é deficiente, sobre todo cando a un lle toca ir nos vagóns na configuración de cinco asentos por fila. Desafortunadamente, as malas sensacións non rematan no material rodante.
O acceso ferroviario a Ourense continúa a ser un punto delicado e as diferenzas de anchos de vía seguen a condicionar a eficiencia do conxunto. A falta de competencia no mercado tamén ten consecuencias: os prezos dos billetes son máis altos e as frecuencias, sensiblemente inferiores ás doutras conexións como a de Valencia con Madrid. E non me resisto a incluír aquí unha referencia a que a estación de Santiago de Compostela quedou pequena antes mesmo de rematar a súa reforma. A capital de Galicia precisa unha terminal acorde coa crecente demanda de mobilidade, e a súa ampliación xa é unha necesidade evidente.
Creo que os galegos temos motivos para reivindicar unha mellora substancial e urxente. O óptimo sería o cambio de ancho, a mellora na conexión directa Vigo-Ourense e o reforzamento do anel de cidades para incorporar a Ferrol e Lugo. Mentres iso non chega, coido que o transbordo en Ourense é a opción menos mala. Non perdemos tempo, gañamos moito confort na meirande parte do traxecto, e facemos que a entrada doutros operadores sexa posible. Se acaso, algún tren Avril podería quedar para ter algunha conexión directa de Vigo e Pontevedra con Madrid sen paradas intermedias, o que melloraría os tempos para os galegos do sur; ou para a conexión de Lugo.
Menos avións, un tren que non avanza: estamos peor conectados que hai dous anos. ¿A alguén máis en España está a pasarlle isto?
- La víctima del crimen de la vieja estación de autobuses de Vigo estaba indefensa y recibió cuchilladas en cuello, tórax y costado
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- Una vuelta de tuerca inesperada
- La capital del gótico gallego a solo hora y media de Vigo: un pueblo rodeado de naturaleza, tiene el primer parque temático de España y recomendado por National Geographic
- El nuevo estadio del Betis se «cuela» en la carrera de Vigo hacia el Mundial
- Proyectan dos «glampings» en Nigrán con 29 cabañas y 30 tiendas de lujo
- Descubren en Vigo a tres personas, dos menores, ocultas en una plataforma de carga a punto de embarcar hacia Reino Unido
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
