Opinión
Non hai futuro sen cultura
Os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro celebrouse en Barcelona a conferencia Mondiacult 2025, organizada pola UNESCO e presidida por Audrey Azoulay, a súa Directora Xeral. A conferencia tivo como proposta fortalecer a cultura como ferramenta de construción persoal e colectiva, pretendendo facer dela un piar fundamental do desenvolvemento democrático, pacífico e sustentable de tódalas nacións. Non hai futuro sen cultura, foi o slogan Mondiacult 2025.
A cultura sempre acompañou á historia, e ao desenvolvemento material da humanidade a través do coñecemento e as experiencias enriquecedoras da propia vida. Nunca foi algo tanxible nin un concepto fácil de identificar ao que lle poidamos asignar principios ou características, e isto débese principalmente a que a cultura, como idea ou fenómeno único, non está establecida.
Hai tantas culturas no mundo que resulta imposible cuantificalas e incluso coñecelas. Cadansúa ten os seus propios principios, ideas sobre o ben e o mal, tradicións, prácticas de vida, idioma, etc. O que sabemos sobre nós mesmos aprendémolo a través da nosa cultura específica. Certamente, a organización da vida social acontece a través de símbolos, como sinais e representacións, e co seu sentido debe ser captado si queremos entendela e formular principios ao seu respecto. A ausencia de cultura diríxenos irremediablemente cara ao rabaño irreflexivo e entumecido que nunca se fai preguntas, nin o porque do que nos acontece, como é o caso do consumo compulsivo de produtos promocionados por unha pseudocultura ao servizo dos mercados. A protección do noso patrimonio asegúranos a identidade colectiva, porque non é só unha herdanza material, senón a expresión viva do que fomos e somos. Non hai cultura sen identidade e non hai identidade sen cohesión social.
Gertrude Stein (1874 - 1946), escritora, feminista e mecenas dos máis importantes artistas do s. XX, retratada por Picasso, amiga de Hemingway, reflexiona: “son eu porque o meu can me coñece”. Unha forma excepcional e intelixente de enmarcar a idea de que es ti debido a cultura que te rodea, e a forma en que a túa cultura te recoñece, non porque haxa algo en ti que sexa propiamente ti. Zygmunt Bauman (1925-2017), entende a cultura como unha actividade humana vital, que nace desde o humano e habita o seu espazo, que se transforma paulatinamente, ás veces convertido nun que facer destrutivo de dimensións inimaxinables e inevitables. Porén, da mesma maneira que o ser humano destrúe, pode, se o quixera, cambiar o sentido da súa actividade transformando de maneira radical as rutinas culturais que garanten un futuro cultural. Clifford Geertz (1926-2006), considera que, sen cultura, os humanos non poden ser naturais, nin existirían no seu estado biolóxico previsto, senón que serían monstruosidades inviables, e pola súa banda Edgar Morin (1921...), aplícalle a cultura a súa teoría do pensamento complexo na diversidade.
Son moitos os interrogantes que os humanos aplicámoslle a cultura. De onde xurdiu a idea de que pertencer a unha determinada cultura implica algún tipo de vantaxe ou desvantaxe? A cultura estadounidense p. ex., é mellor ca dunha tribo africana? Como o patriarcado tan arraigado na cultura occidental, noutras culturas como a do pobo Mosuo en China, as mulleres son o centro da familia, a economía e a propiedade? Por que un mesmo símbolo significa dúas cousas tan diferentes en dúas partes do mundo?
O documento final do Mondiacult 2025 recoñece o dereito de tódalas persoas a participar na vida cultural, como como un ben público que contribúe ao seu benestar e desenvolvemento. A cultura é un instrumento para a paz, contra o racismo, a discriminación que ameaza a liberdade de expresión ou artística, defensora da diversidade fronte aos que pretenden uniformala, potenciadora das sinerxías patrimoniais, a participación cívica, a innovación, o aproveitamento e regulación das tecnoloxías emerxentes (IA) ao servicio público e non o seu detrimento, así como recoñecedores da xuventude como axente político, no marco da Axenda do Desenvolvemento Sustentable post-2030 das Nacións Unidas.
A cultura é un sector estratéxico e vital para un país, e para os que nel traballan ( artistas, industria cinematográfica, teatro, música, educación, deporte…), sendo un fiel marcador do que fomos, somos e seremos. Como dicía Gabriel García Márquez: «a cultura é o aproveitamento social do coñecemento». Unha sociedade sen cultura é unha sociedade sen futuro, dócil, manipulable e que remata sendo facilmente amestrada.
Suscríbete para seguir leyendo
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Caballero responde a Augas tras la fuga en Eiras: «Quisieron que Vigo se quedara sin agua, es una negligencia»
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Caballero desvela su plan contra la lluvia para el día del encendido de las luces de Navidad de Vigo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Las necesidades educativas de los hijos vetan la custodia compartida
- La Xunta insiste en celebrar una reunión técnica para reparar las válvula de Eiras: «No se soluciona con un parche»
