Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Segunda feira

O regreso de Calígula

Os EE UU están a intentar non un golpe senón un conflito xeral armado en Venezuela

Parece que Trump sinte ameazada a posición do seu país como potencia imperial e reitora do mundo. E que necesita un éxito audaz e espectacular que lle devolva a autoridade esmorecida. Tal golpe sobre a mesa podía ser a destitución de Maduro e a exclusión do chavismo acompañada da apropiación dos recursos naturais de Venezuela por Norteamérica. Vista tal cousa, os EE UU pensaron quizás no putch militar reaccionario resucitando o vello guión do golpe de estado de Marcos Pérez Jiménez. Valle-Inclán xa tiña convertidos nun tópico estrutural da novela hispanoamericana os ditadores deste xorne.

Desde Von Clausewicz, sábese e repítese que a guerra é continuación por outros medios da política. Propiciar en Venezuela un golpe de estado é, nestes momentos, non só politicamente difícil senón imposible. Durante a época de Chávez estableceuse un pacto profundo e ben selado entre o pobo venezolano e o seu exército. Os EE UU están agora a intentar non un golpe senón un conflito xeral armado no que as súas forzas aniquilen, nunha guerra de invasión, o poder popular de Venezuela.

Trump, que non quixo impedir que lle concedesen a Corina Machado o Premio Nobel da Paz, poráa na presidencia da República tutelada por Washington. E tratará de facer a apoteose final da revolución chavista cunha invasión das tropas norteamericanas Desexamos que tal goberno barrigaverde nunca teña lugar. Felizmente no mundo actual existe un núcleo de multilateralismo pacífico que está a proporcionar aos pobos outros exemplos e posibles axudas.

Xusto neste momento están a producirse as primeiras accións que revelan as intencións norteamericanas en Venezuela. Calificada a república bolivariana como fraudulenta e corrupta o exército regular de Washington deu en bombardear, afundindo e matando xente, barcos pequenos por todo o mar das Antillas próximo á costa venezolana e máis na costa atlántica de Colombia. E isto faise contra todo o Dereito Internacional e sen declaración de guerra. O capricho de Trump, parente do de Calígula, xesticula ante o espello coma o de Camus traducido ao galego por X.M.Beiras. Se o intento de invasión se fixera real, haberá unha reación dos países agrupados nos BRICS. Por iso nós facemos votos porque o belicismo non siga prosperando no mundo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents