Opinión
As reformas e a democracia
A polarización política está a transformar a lóxica esencial das democracias contemporáneas. Durante décadas, os estudos electorais asumían que unha maioría de votantes se identificaba con posicións próximas ao centro ideolóxico, e os partidos, atentos a esa distribución, desprazábanse cara ao centro para maximizar a súa probabilidade de vitoria. Porén, as tendencias recentes sinalan un cambio profundo: a sociedade está camiñando paseniñamente cara unha distribución bimodal, con cidadáns agrupados arredor de polos máis definidos da esquerda e da dereita.
Este fenómeno dificulta a construcción de amplas maiorías capaces de avalar reformas ambiciosas e duradeiras; algo que é fundamental, porque boa parte das políticas públicas requiren certas doses de estabilidade a longo prazo.
O maior perigo é que a crispación e o desencanto pola falta de respostas alimenten a tentación de solucións autocráticas, que eses sentimentos dean pulo á idea de que a democracia é incapaz de ofrecer un goberno eficaz, acordos lexítimos e políticas consistentes.
A situación esixe repensar o equilibrio entre consenso e disenso, que os partidos non extremistas se comprometan a acadar grandes acordos de pais que impliquen cesións recíprocas, creando unha base sólida sobre a que uns e outros, cando estean no goberno, podan logo tomar decisións en función de ideoloxías e preferencias dos votantes que os apoian. Só o diálogo e o pacto poden garantir unha democracia capaz de soster reformas de fondo e asegurar a estabilidade necesaria para o progreso colectivo.
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Caballero responde a Augas tras la fuga en Eiras: «Quisieron que Vigo se quedara sin agua, es una negligencia»
- Caballero desvela su plan contra la lluvia para el día del encendido de las luces de Navidad de Vigo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Las necesidades educativas de los hijos vetan la custodia compartida
