Opinión | Segunda feira
«Franco ha muerto»
Ollo para atrás e véxome a min mesmo diante do televexo e á espera da Grande Noticia. Por fin un Arias Navarro coa cara compunxida dicía baixiño: «Franco ha muerto». De súpeto viñéronme á lingua e ao pensamento famosos versos do trovador Pero da Ponte desde o distante século XIII. Dicían dun home non querido: «Morto é don Martín Marcos / e ai Deus, se é verdade? / Seica se el é morto, morta é torpidade / morta é bavequía e morta é necidade, / morta é covardía e morta é maldade...».
Morría aquel que fixera subir ao cadafalso a Salvador Puig Antich, anarquista amigo da vida e da xente humilde; esganado co garrote vil. E logo pasoume pola mente a manifestación de 1972 na Ponte das pías, Ferrol. Alí golpeados polas balas do fusil de asalto da PA (Policía Armada) de Franco, Amador Rei e Daniel Niebla ficaron retratados para sempre nos versos de Manuel María. O eixo Vigo-Ferrol quedaba fixado na data do 10 de marzo de 1972. Súpeto, tapoume todo o espello dos recordos o rostro alegre e o paso rápido de Xosé Ramón Reboiras, militante nacionalpopular de Teis, que agora miramos nos xardíns do Santa Irene ou usando o galego nun exame. Agora é 12 de agosto de 1975 sempre. Reboiras está nun portal da cidade de Ferrol e alí o mata tamén a PA. Non tardou en chegar setembro do mesmo ano terríbel e gravado a fogo en Galicia.
Os vigueses Xosé Humberto Baena e Xosé Luís Sánchez-Bravo xuntos con outros compañeiros caen frente á violencia do enemigo principal que era o réxime de Franco. Foran todos xulgados en consellos de guerra fraudulentos. Con Baena e Sánchez Bravo (outra vez a torre do Santa Irene de Vigo) morren Paredes Manot, Ángel Otaegui, Manuel García Sanz. Franco, que poido indultar ou conmutar toda esta xente honrada non quixo facelo. Ao contrario, convocou todos os seus para que fosen aclamalo á Plaza de Oriente de Madrid. Dise que os máis novos agatuñaron as estatuas que representan os reis de España nos seus labirintos históricos de mentira e fantasía. Franco, cadavérico, incidiu no seu discurso do «contubernio xudeo-masónico». Ao lado do Caudillo, Juan Carlos de Borbón aseguraba a continuidade do franquismo.
(Moitas grazas a Xurxo Pérez polos datos que me proporcionan as súas memorias en proceso de edición)
Suscríbete para seguir leyendo
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Caballero responde a Augas tras la fuga en Eiras: «Quisieron que Vigo se quedara sin agua, es una negligencia»
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Caballero desvela su plan contra la lluvia para el día del encendido de las luces de Navidad de Vigo
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Las necesidades educativas de los hijos vetan la custodia compartida
- La Xunta insiste en celebrar una reunión técnica para reparar las válvula de Eiras: «No se soluciona con un parche»
