Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

O SMI e o IRPF

Nos últimos anos, o IRPF está a xerar un efecto distorsionador no eido dos salarios máis baixos que cómpre abordar con urxencia. Evitar que o salario mínimo interprofesional (SMI) tribute, acabou creando un problema serio para quen gaña un pouco máis dese limiar. Os soldos que superan lixeiramente ese limiar vense expostos a uns tipos marxinais elevadísimos. Isto provoca un claro incentivo a que ese importe adicional se pague e se cobre en B e fai que, para manter o SMI no 60% do soldo medio neto despois do pago de impostos, teña que aumentar moito máis ca o conxunto dos soldos.

Este é un problema especialmente relevante para as empresas intensivas en man de obra con traballadores de cualificación limitada, e un incentivo para que esas compañías opten por substituír traballadores por máquinas cando sexa posible. O sector agrícola e o comercio son dous exemplos. En particular, o futuro das gasoliñeiras atendidas por persoas, ou os supermercados e os tendas nas que che cobran persoas complícase moito neste escenario.

En definitiva, polo ben dos traballadores, das empresas, da loita contra a economía somerxida e o fraude fiscal, o Ministerio de Facenda, en colaboración co de Traballo, debería crear un grupo de expertos para repensar que se fai coa tributación dos salarios nos niveis máis baixos. O ano 2026 comeza axiña. E o problema volverá aparecer; máis grave aínda que en 2025. Hai que adiantarse. Hai que reaccionar.

Tracking Pixel Contents