Opinión
joana botana garcía*
Ao noso ben querido Don José Vázquez
Nestes momentos resúltanos moi complicado poder plasmar nunhas liñas a emoción e sentimentos que nos invaden tras a perda do noso ben querido Don José [Vázquez Diéguez], o cal comezou a súa andaina na Asociación Para a Protección dos Anciáns de Lalín e a súa Comarca no ano 2006, sendo socio e formando parte da xunta directiva.
Don José caracterizábase por un carácter afable, humanitario e xeneroso; sempre velando polos intereses dos máis necesitados. Destacan entre os seus principios e valores a empatía, vocación de servizo, apoio espiritual e emocional así como a positividade a hora de afrontar problemas; os cales transmitiu tanto aos traballadores como aos usuarios/as de este centro no día a día.
A capela da Residencia estivo moitos anos ao seu cargo, concretamente entre o 2018 e 2024. Durante este tempo exerceu como capelán levando a cabo unha gran labor pastoral a aquelas persoas que así o desexaban. Foron anos de predicación, de ensinanza, de celebracións e de oración nos que se gañou o respecto, cariño, admiración e amizade de todos e todas. Rematando todas as homilías coa mesma frase: «Que teñades boa semana e ser felices».
Todos os que formamos parte da Residencia As Dores: xunta directiva, dirección, persoal e maiores queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa total colaboración e dedicación durante todos estes anos de servizo.
Despedímolo con gran tristeza pero levaremos a súa mensaxe de amor e esperanza na nosa vida diaria. Grazas polo seu compromiso coa nosa entidade.
*Educadora social. Residencia Nª Sª das Dores (APALC)
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El transporte escolar en Galicia, bajo vigilancia especial desde este lunes
- Hallado el cuerpo sin vida de un hombre en la antigua nave de Pescanova de Vigo
- Vecinos de Vigo denuncian los destrozos en sus viviendas por obras ajenas: «Quieren sacarme de mi casa»
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Cuarentones que consumen ‘coca’: el perfil del infractor al volante en Vigo
- Ana Peleteiro se defiende de las críticas por su nueva casa