Opinión
Marta Lois
Polarización política, emocional e bulos que incendian a democracia
Vivimos nun tempo no que as opinións políticas non só dividen senón que tamén radicalizan emocionalmente ás persoas. A combinación de polarización política e polarización emocional xera un terreo idóneo para a propagación de bulos que alteran o debate público e debilitan a cohesión social.
Cumpre lembrar que a polarización política, en si mesma, non ten porque ser negativa, ao contrario, é un fenómeno relacionado coa distancia profunda nas posicións mantidas sobre políticas públicas, valores ideolóxicos ou prioridades normativas. A confrontación de ideas en democracia pode xerar novas solucións, reformar institucións e facilitar a innovación. Agora ben, cando a polarización política conduce á percepción do adversario como unha ameaza, como un inimigo, un opoñente non lexítimo, esta polarización se transforma en polarización emocional e as persoas non só discrepan: desprezan, insultan, desconfían e humillan a quen pensa distinto. O outro deixa de ser alguén con quen debater para converterse nun ser a quen esmagar. Lamentablemente, o contexto político español actual está rodeado de experiencias de partidos e líderes, maiormente da extrema dereita pero non só, que insultan, ameazan, trasladan mensaxes violentos e sexistas á representantes públicos e de goberno: «hijo de la gran puta», «xefe dunha banda criminal», «caniche de Gandía», «rata miserable», «miña nai, a chavala, ímolo pasar ben», etc.
A polarización emocional intensificouse nos últimos anos e está presente tanto no espazo político como na cidadanía, nútrese de emocións intensas como o medo, a rabia ou o odio. As redes sociais amplifican estas emocións con algoritmos que premian o contido máis provocador ou indignante e retroalimentan o insulto.
Neste contexto, os bulos funcionan como combustible que prende o lume e incendia a democracia. As noticias falsas non só informan mal senón que apelan directamente ás emocións máis básicas. Difúndense non porque sexan cribles, senón porque reforzan o que xa cremos ou sentimos e serven para desacreditar a líderes ou sementar sospeitas sobre os procedementos democráticos.
Os bulos, como por exemplo os que se difundiron durante a dana en outubro de 2024 en Valencia, anunciaron centos de vítimas mortais no parking de Bonaire, a ruptura de presas ou a inexistencia de notificacións previas de alarma por parte da Aemet. A velocidade coa que circulan, e a dificultade para desmentilos a tempo, aviva a crispación social e os converte nunha ameaza real para a democracia na medida en que dificulta a confianza nas institucións, reduce a lexitimidade dos gobernos e leva a bloqueos e ó empeoramento da gobernanza e a cooperación.
Como saír desta espiral pirómana de polarización emocional, bulos e desgaste democrático?
Precísase a adopción de códigos éticos nas institucións e nas organizacións políticas de tolerancia cero ante os insultos, as mensaxes violentas e os comentarios machistas, así como ampliar as estratexias de colaboración institucional entre partidos que minoren e desincentiven a confrontación como ferramenta electoral.
O reto democrático pasa por reconectar aos cidadáns e cidadanas entre sí e coas institucións, superando o rexeitamento emocional constante hacia os rivais políticos. É necesario tamén unha educación mediática e plural que fomente o acceso a fontes diversas, para que a cidadanía sexa capaz de distinguir entre información e manipulación e ser quen de recoñecer como as emocións inflúen na súa forma de pensar. Ao mesmo tempo, é necesario avanzar na formulación de nova lexislación que protexa contra os bulos sen por en perigo a liberdade de expresión.
En definitiva, para que non se incendie a democracia, ante a vaga crecente de polarización emocional e a propagación de bulos, se require maior responsabilidade política e institucional, a recuperación de espazos onde escoitar sexa máis importante que impor a propia visión e non teñan cabida os discursos de odio.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados