Opinión
Óscar naveiras
Carta a Pepe Crespo
Querido Pepe, aproveito esta colleita epistolar aberta á cidadanía para acercarme directamente á túa persoa dun xeito parello ó que fixo o amigo Carlos Quintá e respostarche directamente. Escríboche estas verbas dende Sevilla. Das cousas boas que ten esta terra é a súa retranca, porque pódese estar a rir da maior das miserias e non perder un ápice de gracia en todo o conto. Aquí os amigos andaluces teñen «un mal endémico», como din eles, «el cortijo andaluz».
Dous concellos veciños, contábanme en Lebrija, ambos do PSOE, entraron nunha espiral para ver cal facía maior burrada. Un fixo un parque acuático en zona de extrema sequía; o do lado, non podía ser menos, proxectou unha piscina olímpica, porque para deportes non había restriccións. Pero ó final para ser olímpica faltáronlle a esta 25 cm para chegar ós 50 m. Os dous alcaldes, eso si, remarcaban as grandes capacidades de acadar inversións doutras administracións. Xusto igual que en Lalín…
Eu, no meu empeño de divulgar sempre as grandezas de Lalín que fago nas miñas viaxes, máis alá da excelencia da gastronomía ou do diverso da súa paisaxe, sempre poño en valor as excentricidades que temos dende a alcaldía. Polo que fun capaz de subirlles á aposta ós amigos andaluces de Lebrija e explicarlles como gastas os cartos, así que lles contei o da nosa piscina.
Non hai mellor data para remarcar as capacidades de xestión, ágora que comeza o verán, que este mes pasado de Maio cumpríronse 30 anos da inauguración da piscina climatizada da zona do auditorio. Foi coa presenza incluso de Fraga, igual ven recollido nalgún dos libros eliminados na época de represión cultural do cuatripartito. E hoxe, no ano 25, podemos presumir que vamos para 15 anos con ela xa pechada. Ante eso, os andaluces so puideron decir: “¡ojú chico!, eso son palabras mayores…”.
Así que como dis que o que é medible non é opinable, estiven a facer un cálculo para os municipios pontevedreses de máis de 20.000 habitantes cal é a súa débeda media por habitante dende o ano 2018 ata o ano 2023. O resultado é que somos líderes, mellor dito, es o líder: ningún rexedor/a puido elevar a débeda pública por habitante no nivel que ti o lograches neste periodo tan pequeno de tempo, e sendo esa débeda por habitante a maior da provincia de Pontevedra.
Antes do sanchismo, aquí xa sufríamos o crespismo…
Suscríbete para seguir leyendo
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- A la venta a solo 10 euros las entradas en la platea para el concierto de Ana Belén en Castrelos
- Un hostelero de Vigo expulsa a unos israelíes de su restaurante: «En mi bolsillo no puede entrar dinero pagado por ellos»
- Jennifer López se marcha de Galicia tan diva como llegó
- La diva del Bronx «revienta» Pontevedra