Opinión
Galácticos en Baiona
Unha celebración estelar na fortaleza de Baiona

Parador de Baiona, fortaleza do Monte Boi. / Faro
Agora entendo todo. Eu, crendo que a restauración da fortaleza da miña vila era para recuperar e poñer en valor a maxestosidade das súas murallas —construídas entre os séculos XII e XVI para protexer os meus antepasados dos ataques por mar, coma o Castro aquí en Vigo— e para darlle unha nova vida á capela e á cuberta da torre pola que hoxe se entra ao Parador... e resulta que non: que todo é para unhas vodas de prata galácticas. E nunca mellor dito.
Michel Salgado: bodas de prata y 50 primaveras Sabíano? Non? Pois xa llo digo eu: que o excéltico e exmadridista Michel Salgado —si, ese, o rapaz das Neves— vai celebrar os 25 anos de casado coa súa muller, Malula Sanz, na nosa fortaleza do Monte Boi. E, de paso, o seu medio século de vida.
Casualidade? Espero que si. Pero nin feito a propósito. A parella, os seus tres fillos e os seus convidados —entre os que se espera aos Beckham, para que se fagan unha idea do nivel da xuntanza— vanse atopar cunha fortaleza rexuvenecida despois dun investimento de máis de 6 millóns de euros. E ben gastados que están.
El don de gentes de Salgado
Un tipo fino, este Salgado. Nos deportes, nas relacións sociais, pero sobre todo nos negocios. Coñecino hai moitos anos, paseando por Vigo. Mireino e díxenme: «É o Michel?» El viume e respondeume coa mirada: «Si, son». Saudeino coma un siareiro máis e, nese intre, decateime de que lle encantaba que o recoñecesen na súa casa, de que o parasen pola rúa. E de que tiña un don de xentes sen igual. Non é fácil, unha vez colgas as botas, manter ese nivel de contactos nas elites deportivas e empresariais. Quítome o sombreiro.
Baiona: un escenario de leyenda
E Baiona, claro. Onde ía ser? Non se me ocorre mellor lugar para xuntarse cos amigos e celebrar as vodas de prata e as súas 50 primaveras. Un enclave histórico, que viu como no 1492 chegaba a boa nova do Novo Mundo, pero cunha historia que se remonta, se cadra, a milleiros de anos atrás. Calquera que dea unha volta polo Parador saberá do que estou a falar. Ten algo especial, único, lendario.

Estado actual de las obras de recuperación y puesta en valor de la muralla que bordea la península de Monte Boi, en Baiona. / Faro
Murallas con historias de piratas y vikingos
Cada vez que me arrimo ás murallas, imaxínome coma os meus devanceiros, alertando da chegada dos navíos do pirata Francis Drake ou, máis atrás, dun drakkar viquingo (a lenda di que varou un en Baredo, e por iso hai tantos roxiños coma min pola zona).
Baiona en el mapa global
Pero ao que ía. Que se vai encher Baiona de vips e eu non teño nada novo que poñer. Terei que ir de tendas, aproveitando que comezaron as rebaixas, non vaia ser que Victoria Beckham pare en Sabarís e me pete na porta para preguntar como se chega ao convite… e eu con estas pintas.
Mira ti que voltas dá a historia. Xa non somos só o porto onde atracou a carabela Pinta: agora tamén somos onde posan Beckham, Figo, Iker Casillas ou mesmo Iago Aspas.
El legado de Baiona en el mundo
Aínda que, por riba de todo, o importante é isto: que a nosa vila, co seu Monte Boi relucente coma nunca, vai saír en todas as teles, redes e xornais do planeta. E que, cando alguén en Abu Dabi ou en Miami vexa esa muralla e pregunte «Onde é iso tan bonito?», alguén lle diga con orgullo: é Baiona, en Galicia.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada