Opinión | Voyager
LEDICIA COSTASLEDICIA COSTAS
Todos somos Coia
Na noite do 21 de xuño, durante o concerto de Pava organizado pola asociación As da industria no Parque García Picher, Lucía Aldao agradeceu o público de Coia por cantar canda ela con total entrega temas coma «Misántropa Riquiña» «A do faro» ou «Catastro». Foi ben bonito formar parte dese momento compartido por persoas de todas as idades. Non é menor a cuestión interxeracional. A música é un dos elementos normalizadores da lingua, e a artista coruñesa consegue facer felices a nenas e persoas adultas coas súas letras. No instante dos agradecementos, cando Aldao mencionou a palabra «Coia», varias persoas revolvéronse e empezaron a reivindicarse desde o público, berrando frases coma «isto non é Coia», «Coia non», «Berbés», «Beiramar» ou mesmo algún atrevido ousou berrar «Bouzas!». Un amigo poeta díxome en baixiño: «poden poñerse como queiran, pero en termos estritos isto pertence a Coia e non hai discusión». A min deume a risa ao presenciar semellante exhibición de forza e orgullo de barrio. É tan aleatorio o lugar ao que pertences que me impresiona os instintos que provoca. Lucía Aldao resolveu a cuestión dunha maneira salomónica que conformou a todo o mundo: «grazas ao público do parque do Toysrus». Malia que a tenda de xoguetes non estea alí desde hai anos, a solución funcionou. Matinaba nesta cuestión pasional nos pasados días, cando centos de fieis sevillanos admiradores da Virxe da Macarena manifestaban o seu cabreo e o desgusto ao denunciar o que consideraron un cambio significativo no rostro e na expresión da virxe. Non se pode perder de vista que a Macarena é unha icona popular. É a encarnación da identidade sevillana, o símbolo de pertenza a un lugar que ten unha serie de particularidades. A Virxe da Macarena, ao longo dos anos, foi recibindo diferentes doazóns en forma de mantos bordados de ouro e seda, xoias, coroas, tiaras... Hai unha emblemática que é a Coroa de ouro e diamantes. Mais tamén o palio, a peana e o resto de elementos estruturais que acompañan a virxe cando sae en procesión constitúen un valiosísimo patrimonio artístico que os devotos e seguidores da Macarena veneran. Alén do valor deste patrimonio material e inmaterial, para entender o que provoca unha procesión hai que ir a unha procesión, da mesma maneira en que para entender a paixón coa que se reivindica un equipo de fútbol ou a procedencia a un barrio hai que levalo no corazón. E tanto ten que sexas ou non practicante. Unha das singularidades deste asunto é que a Macarena —e non só— é a representación do orgullo de pertenza a un lugar, a unha cultura, a un xeito de vivir. A irmandade, que funcionou como catalizador para o desenvolvemento da arte sacra en Sevilla, indicara unha serie de accións necesarias para o mantemento da virxe, entre elas, a revisión das bágoas e das pestanas. Este foi un dos puntos que desatou maior malestar. Os fieis consideran que as pestanas son demasiado mestas e longas e que a icónica mirada da virxe se perdeu. Non a recoñecen. Esa percepción da perda de autenticidade foi o que deu nos pasados días imaxes de todo tipo, desde quen choraba desconsolado, ata quen berraba pedindo responsabilidades, ou a muller devota que perdeu absolutamente os papeis durante a súa intervención nun programa de televisión e dixo «¡que los maten», referíndose aos encargados da restauración. Volvendo a Coia, porque esta viaxe é de ida e volta, este ano non haberá fogos de artificio na popular festa que se celebra para honrar a Virxe da Consolación. Mais, por fortuna, finalmente si haberá verbena. Unha verbena centenaria que, como acontece coas outras, marca o carácter dos barrios vigueses. Entendo o desgusto, tanto o de Sevilla coma o de Coia. Mais non podo esquecer a traxedia do pasado ano durante as festas de Matamá, cando Iván Castaño Hervella faleceu a consecuencia dun accidente nunha atracción. Non coñezo a súa familia, mais moito levo pensado neles e no terrible dó que estarán a pasar. Non quero caer en obviedades, mais unha festa sen seguridade non é unha festa, é un campo de minas. Tendo isto moi presente, vendo o desgusto da comisión de festas e pensando na veciñanza, estes días todas fomos Coia. Mesmo as do Parque García Picher.
Na noite do 21 de xuño, durante o concerto de Pava organizado pola asociación As da industria no Parque García Picher, Lucía Aldao agradeceu o público de Coia por cantar canda ela con total entrega temas coma «Misántropa Riquiña» «A do faro» ou «Catastro». Foi ben bonito formar parte dese momento compartido por persoas de todas as idades. Non é menor a cuestión interxeracional. A música é un dos elementos normalizadores da lingua, e a artista coruñesa consegue facer felices a nenas e persoas adultas coas súas letras. No instante dos agradecementos, cando Aldao mencionou a palabra «Coia», varias persoas revolvéronse e empezaron a reivindicarse desde o público, berrando frases coma «isto non é Coia», «Coia non», «Berbés», «Beiramar» ou mesmo algún atrevido ousou berrar «Bouzas!». Un amigo poeta díxome en baixiño: «poden poñerse como queiran, pero en termos estritos isto pertence a Coia e non hai discusión». A min deume a risa ao presenciar semellante exhibición de forza e orgullo de barrio. É tan aleatorio o lugar ao que pertences que me impresiona os instintos que provoca. Lucía Aldao resolveu a cuestión dunha maneira salomónica que conformou a todo o mundo: «grazas ao público do parque do Toysrus». Malia que a tenda de xoguetes non estea alí desde hai anos, a solución funcionou. Matinaba nesta cuestión pasional nos pasados días, cando centos de fieis sevillanos admiradores da Virxe da Macarena manifestaban o seu cabreo e o desgusto ao denunciar o que consideraron un cambio significativo no rostro e na expresión da virxe. Non se pode perder de vista que a Macarena é unha icona popular. É a encarnación da identidade sevillana, o símbolo de pertenza a un lugar que ten unha serie de particularidades. A Virxe da Macarena, ao longo dos anos, foi recibindo diferentes doazóns en forma de mantos bordados de ouro e seda, xoias, coroas, tiaras... Hai unha emblemática que é a Coroa de ouro e diamantes. Mais tamén o palio, a peana e o resto de elementos estruturais que acompañan a virxe cando sae en procesión constitúen un valiosísimo patrimonio artístico que os devotos e seguidores da Macarena veneran. Alén do valor deste patrimonio material e inmaterial, para entender o que provoca unha procesión hai que ir a unha procesión, da mesma maneira en que para entender a paixón coa que se reivindica un equipo de fútbol ou a procedencia a un barrio hai que levalo no corazón. E tanto ten que sexas ou non practicante. Unha das singularidades deste asunto é que a Macarena -e non só- é a representación do orgullo de pertenza a un lugar, a unha cultura, a un xeito de vivir. A irmandade, que funcionou como catalizador para o desenvolvemento da arte sacra en Sevilla, indicara unha serie de accións necesarias para o mantemento da virxe, entre elas, a revisión das bágoas e das pestanas. Este foi un dos puntos que desatou maior malestar. Os fieis consideran que as pestanas son demasiado mestas e longas e que a icónica mirada da virxe se perdeu. Non a recoñecen. Esa percepción da perda de autenticidade foi o que deu nos pasados días imaxes de todo tipo, desde quen choraba desconsolado, ata quen berraba pedindo responsabilidades, ou a muller devota que perdeu absolutamente os papeis durante a súa intervención nun programa de televisión e dixo «¡que los maten», referíndose aos encargados da restauración. Volvendo a Coia, porque esta viaxe é de ida e volta, este ano non haberá fogos de artificio na popular festa que se celebra para honrar a Virxe da Consolación. Mais, por fortuna, finalmente si haberá verbena. Unha verbena centenaria que, como acontece coas outras, marca o carácter dos barrios vigueses. Entendo o desgusto, tanto o de Sevilla coma o de Coia. Mais non podo esquecer a traxedia do pasado ano durante as festas de Matamá, cando Iván Castaño Hervella faleceu a consecuencia dun accidente nunha atracción. Non coñezo a súa familia, mais moito levo pensado neles e no terrible dó que estarán a pasar. Non quero caer en obviedades, mais unha festa sen seguridade non é unha festa, é un campo de minas. Tendo isto moi presente, vendo o desgusto da comisión de festas e pensando na veciñanza, estes días todas fomos Coia. Mesmo as do Parque García Picher.
Suscríbete para seguir leyendo
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba uno de cada diez aspirantes
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Turistas maleducados
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»