Opinión

Minas

Se tes pensado mirar «Sirat», ollo!, a seguinte frase é spoiler. No filme estouran algunhas minas, eses artefactos explosivos que se soterran no chan, e no intre menos agardado fan booom! E desfante en anacos. As «antipersoa» están prohibidas desde 1997 pola Convención de Ottawa, só que vaille pedir ti a folla de reclamacións ao exército que corenta anos atrás deixou un campo cheo de sorpresas e apañoute a ti no medio.

Eses trebellos do demo, ademais, son baratos de fabricar e están concibidos ca mesma filosofía que os pementos de Padrón. Hai minas que matan e outras que non. Sen dúbida, as do segundo grupo son as máis desalentadoras. Cruzarse cun exército de coxos, mancos e mutilados de diversa consideración, acaba por desmoralizar ata ao máis íntegro dos soldados.

Por extensión, o termo mina tamén alude ás explotacións extractivas de minerais, rochas, produtos de canteira e... terras raras. Si, ese eufemismo para esquecer que se trata dunha minería perigosa, pouco eco-friendly e especialmente agresiva cas persoas e co medio; pero claro, para a fabricación de radioisótopos, láseres ou reactores nucleares necesitámolos.

E, aínda que nun comezo todo vaia polo libro: limpo e aseado, sabemos como acaba a historia. Porque sempre hai algunha certificación ambiental que asegura as bondades do proceso de filtrado de lixiviados e a depuración das augas con metais pesados, para aportar confianza. Ata que os protocolos se esquecen, os controis se relaxan e moitos selos acaban sendo un mero trámite. Así, despois de vinte anos, os acuíferos fican contaminados, o aire faise tóxico polas partículas de po en suspensión e, sinxelamente, acabas palmando. Por sorpresa. Sen buscalo. Só porque vivías perto ou porque traballaches alí.

Nun sentido máis figurado, mina pode ser ese xefe tan esforzado, sempre con recursos, organizado no traballo, currante a tope e resolutivo. Entón, nun informativo, escoitas que un directivo era o encargado de pagar as comisións a Cerdán e Ábalos, pola adxudicación de obra pública. E era o tal fulano! Claro, unha persoa así, cando estoupa, esnaquiza canto colle. Rózalo e xa estás recibindo metralla: porque alguén tería que darlle os cartos. Non os sacaría do seu peto! Alguén tería que detectar eses movementos excepcionais e ollar para outro lado. Alguén debería maquillar a contabilidade, tamén. Alguén faría por que se perderan facturas ou pagos. Mesmo podes descoidar uns céntimos da caixa pero eses 1,07 millóns de euros que se contabilizan nos audios da UCO pagados por Acciona, de que forma os axustas no orzamento? Non só iso, logo a ver como lle explicas aos auditores de Deloitte (asinan os informes financeiros anuais de Acciona no 2015-16) ou KPMG (2017-2024) que non che cadra o balance.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents