Opinión
Agustín Bastón
10 anos, 265 libros

10 anos, 265 libros
As primeiras preguntas que xorden cando alguén é convidado a visitar a Biblioteca das Madeiras do Mundo son:Libros de madeira? Como é iso posible? Teñen páxinas e pódense abrir? Cando se produce o achegamento, as preguntas cambian, os prexuízos desaparecen, a mirada cambia atrapada no sublime e na emoción de atoparse con algo nunca imaxinado.
Madeiras formateadas, semellantes a libros ou contos, dan paso a múltiples linguaxes con narrativas propias, con gran contraste e diversidade de enfoques segundo o perfil de cada persoa que participa no proxecto coa súa intervención sobre elas. Todos os horizontes imaxinarios teñen un lugar. Perspectivas alegóricas e poéticas. Poesía visual na que descubrimos o inesperado, coma un xoguete de sombras que harmoniza o robusto co sutil. As ideas xerminan, como chamas de vida, con ritmos imprevisibles para romper as fronteiras de tópicos, costumes e estereotipos.
En cada libro, o autor, seguindo as pegadas da memoria da árbore deixa ou transmite as da súa propia memoria nun encontro íntimo esencial onde a consciencia individual establece unha relación harmoniosa coa esencia da madeira. Trátase de tecer lazos de literatura e arte desde o bosque e non esquecer o cordón umbilical de onde procedemos. Volver á simbiose primixenia contra o sintético e irracional. Libros que nos sitúan ante un espello de reflexión sobre a madeira e a nosa relación con ela. E sobre a vulnerabilidade das árbores que non deixa de ser a nosa.
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Tres hermanos buscan a su madre, desaparecida en el aeropuerto de Madrid: 'Tenemos la esperanza de encontrarla con vida
- Viajar a Cíes es misión imposible y Ons solo registra un lleno este verano
- Novos topónimos para os concellos galegos: A Caniza (sen «ñ»), Cangas de Morrazo, O Castro de Caldelas ou Mondariz Balneario (sin guion)
- La tormenta que arrasó Castrelos: Trueno ilumina Vigo
- Nuevas y glotonas «vecinas» en el puerto deportivo de Cangas
- Davila 17/07/2025
- Fiestón caribeño en Castrelos