Opinión
Os retos ecolóxicos de Galicia... e Deza
O 5 de xuño non é un día calquera no calendario, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, que en Galicia se presenta con claroscuros nos que a falta de garantías ambientais en proxectos industriais se sitúan á cabeza da problemática... xunto á calidade das augas e a parálise do modelo de xestión de residuos, que nos mantén á cola de España, dende fai lustros en materia de reciclaxe. O Día Mundial do Medio Ambiente 2025 ten como lema: «Poñer fin á contaminación por plásticos», unha mensaxe que invita a abordar o problema dende a educación, unha análise crítica e a busca de solucións e alternativas sostibles.
A comunidade galega enfróntase a unha serie de retos ambientais que poñen en xaque o seu modelo de desenvolvemento. A Comarca de Deza vese salpicado por case todos. Mentres organismos internacionais chaman a frear a contaminación e protexer a biodiversidade, no territorio galego acumúlanse conflitos ambientais de gran calado que afectan tanto á súa paisaxe como ao seu modelo de desenvolvemento. Dende a polémica fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei ata os proxectos de hidróxeno sen unha estratexia definida, pasando polas eivas xa históricas como a depuración deficiente de augas, a expansión de monocultivos forestais e vitivinícolas en zonas agrarias como o Ulla, a deficiente xestión de residuos ou a inexistencia de programas de control de especies invasoras (coa conseguinte perda de biodiversidade). A comunidade vive unha crise ecolóxica considerable, que empeora como consecuencia de outros factores como o cambio climático ou malas prácticas como o greenwashing, por parte de moitas empresas. Máis aló das promesas de sustentabilidade, xorden dúbidas sobre o verdadeiro impacto destas iniciativas no territorio, a biodiversidade e a calidade de vida... e unha crecente onda de «negacionismo» empeora a situación.
Fronte a este panorama, unha parte considerable da sociedade está a reaccionar. Cada vez son máis frecuentes as mobilizacións cidadás (e estas son cada vez máis numerosas), os recursos xudiciais e os informes técnicos independentes, que cuestionan o relato oficial, suman milleiros de partidarios e ademais conseguen donantes que financian a defensa «do común» nos tribunais de xustiza, algo que ate agora só se podían permitir certas institucións e grandes corporacións. Tamén se multiplican as iniciativas de base, que buscan impulsar modelos alternativos de produción e desenvolvemento: dende cooperativas agrarias que apostan pola agro-ecoloxía ou a agricultura rexenerativa, ata o impulso de comunidades enerxéticas, que reivindican o autoconsumo renovable sen depender de macro-proxectos.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad
- El melanoma no siempre comienza con un lunar en la piel: síntomas y cómo detectarlo a tiempo