Opinión | Opinión

Decana da Facultade de Ciencias Políticas
Os gobernos galegos do cambio, dez anos despois: esplendor, derrota e legado transformador
As eleccións municipais da primavera de 2015 significaron un momento de cambio político sen precedentes en todo o Estado e tamén en Galicia, unha fiestra de oportunidade que se abría tras anos de mobilizacións cidadás fronte os malestares sociais existentes. Os resultados electorais implicaron un xiro á esquerda e a conformación dos denominados gobernos do cambio tras o éxito das candidaturas de unidade popular: Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común. Así, Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez tomaron o mando como alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol respectivamente. Foi un momento de esplendor, de xúbilo e de esperanza noutra forma de facer política.
Tras os magníficos resultados electorais que condensaban un desexo de cambio e radicalización democrática chegou o momento de gobernar, e nese proceso, foron xurdindo as dificultades. Catro anos gobernando con entrega, corazón, vontade, desafíos na xestión, acertos, erros e un contexto hostil de permanente posta en cuestión.
Probablemente foron múltiples os factores estruturais, contextuais e internos que axudan a explicar a perda de poder político e o fracaso electoral producido catro anos despois, nas eleccións de maio de 2019, onde ningunha das candidaturas municipalistas mantivo a alcaldía. Entre as hipóteses explicativas destacan aquelas que poñen o foco na imposibilidade dos gobernos do cambio de ter verdadeiramente accedido ó réxime de poder de organizacións, actores e institucións. Un conxunto amplo institucional, pouco proclive ós cambios, que ven marcado por relacións, regras, intereses e inercias conservadoras que foron afianzadas ó longo do tempo.
Por outra parte, a frustración xerada entre a cidadanía, por non conseguir estes novos gobernos satisfacer todos os cambios desexados e agardados, así como o desgaste da xestión, impediu que se valorasen os cambios practicados. Unha insatisfacción ligada tamén ó estado de ánimo creado polos medios de comunicación vinculados ós reximenes políticos anteriores, máis interesados en construír o imaxinario da parálise permanente que en poñer en valor políticas concretas.
De igual modo, non debe esquecerse a debilidade e o illamento paulatino que experimentaron os gobernos municipalistas pola falta de aliados. Neste sentido, o fracaso do suxeito político galego En Marea, que irrompera con gran éxito nas eleccións galegas de 2016, e operaba como espazo de referencia e confluencia, foi descompoñéndose progresivamente debido ás loitas políticas internas. Así mesmo, cumpre lembrar que as candidaturas de unidade popular estaban conformadas por forzas políticas como Anova, EU, Equo e Podemos, e nese contexto, as relacións multinivel e no interior dos espazos municipalistas tamén resultaron complexas .
Con todo, a pesar dos obstáculos, dos elementos estruturais, mediáticos e internos adversos, estes gobernos foron quen de levar a cabo importantes políticas transformadoras e situalas na axenda. Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común conseguiron incorporar no debate público as políticas, os malestares e as solucións que dez anos despois seguen a estar presentes. As súas axendas tiveron un impacto amplo e diverso noutros partidos políticos, medios de comunicación e no conxunto da sociedade.
Merece unha especial mención a incorporación da perspectiva feminista nas políticas públicas así como o aumento substantivo de recursos para as políticas sociais de coidados e o impulso da campaña transversal En Negro contra a violencias machistas. Outras políticas que hoxe están no debate político foron anticipadas hai unha década: a preocupación pola vivenda, a necesidade de poñer límites tanto ó turismo sen control como á proliferación dos apartamentos de uso turístico. Abordáronse nun tempo político onde estas formulacións eran atiladas de «turismofóbicas». Por último, a ampliación da axenda verde e as políticas de transparencia e participación marcaron un antes e un despois na axenda local de innovación democrática. Sen dúbida, estes eixos deixaron unha pegada importante, supuxeron aportacións significativas e constitúen un legado transformador para o presente e o futuro da política.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- El Gobierno descarta dar un «no» a la planta de SAIC en Ferrol por la seguridad nacional y le pondrá condiciones si es necesario para blindar su viabilidad
- Del hospital Álvaro Cunqueiro a Londres para estudiar a los atletas de gran corazón
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Tsygankov se suma a la ecuación del ataque del Celta
- Menores con adulto y permiso parental se quedaron fuera de la platea de Castrelos para ver a Abraham Mateo: «Sé que es la ley, pero...»