Opinión | Tribuna libre
alberto López Iglesias
Xonga: Unha festa familiar que medra co pobo e para o pobo
O pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a Carballeira das Padrosas, en Silleda, converteuse nun auténtico corazón palpitante da cultura galega. Alí celebrouse unha edición especial de Xonga, adicada ás cantareiras e onde participaron asociacións dos concellos de Deza e arredores amosándonos o seu bo facer e difundindo a cultura tradicional dos nosos ancestros.
Pódese dicir que Xonga é foliada que honra as nosas raíces e mira ao futuro con forza e identidade. A cita foi un éxito rotundo: centos de persoas viñeron ao longo da xornada, enchendo o espazo de voces, música, pasos de baile, emoción e comunidade.
Este ano, a homenaxe ás cantareiras –protagonistas tanto da xornada como da celebración das Letras Galegas– deu lugar a unha edición especialmente sentida. Mulleres de todas as idades, de distintos recunchos do concello e arredores, uníronse para cantar, compartir e celebrar o legado oral e musical que tantas veces pasou de xeración en xeración grazas a elas. A súa presenza encheu a carballeira de verdade, beleza e orgullo colectivo.
O ambiente foi festivo dende o mediodía, cando comezou o vermú musical; pasou logo polo xantar popular ao aire libre, cheo de conversas e reencontros, e culminou nunha tarde de foliada aberta, onde participaron persoas chegadas das catro provincias galegas. As felicitacións non se fixeron agardar: músicos, asociacións culturais e asistentes destacaron o nivel organizativo, o entorno natural privilexiado e, sobre todo, o espírito comunitario que define a Xonga.
Cada asociación participante tivo o seu espazo para amosar o seu bo facer na conservación e difusión da cultura tradicional galega. Sen competición, sen protocolos ríxidos, sen protagonismos: só a vontade sincera de compartir, gozar e facer medrar xuntos a nosa tradición.
Durante toda a xornada, houbo tamén xogos tradicionais para nenos e maiores, actividades culturais paralelas, servizo de bar, sorteos de produtos doados polos comercios locais, cuxa implicación demostra que a cultura e a economía de proximidade poden ir da man.
A organización correu a cargo da Asociación Cultural Xirandola, coa colaboración activa do Concello de Silleda, que puxo en marcha o mecanismo institucional necesario para que a chamada ás asociacións fora un éxito. Xonga foi, unha vez máis, unha semente colectivaque agroma con forza. As voces, os tambores, as gaitas e as pandeiretas fixeron eco dun pobo orgulloso da súa identidade, e foron tamén o anuncio de que Silleda xa ten o seu propio referente anual no calendario cultural galego.
As expectativas de futuro son claras: Xonga medra ano tras ano, atraendo cada vez máis atención, participación e afecto. Esta edición, sen dúbida, consolidou a súa esencia como evento de referencia, feito coa xente e para a xente. Un encontro onde se respira Galiza en cada recuncho, e onde se celebra quen somos, sen filtros nin artificios.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta festa. Grazas por compartir, por foliar, por sumar. Xonga xa é máis ca unha data: é un símbolo vivo da nosa cultura.
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»