Opinión
Ir ao Resurrection Fest, ou non
Controversias nos festivais hai unhas cantas
Ao comezo de 'Pulp Fiction', cando Jules e Vincent Vega entran naquel apartamento (Habitación 49) onde están Marvin, Roger e Brett, lembro unha frase que reutilizo a miúdo. É un ra-zoamento do Jules formulado así: «Eu non acostumo a comelas [as hamburguesas], porque a miña rapaza é vexetariana, o que me converte máis ou menos nun vexetariano, pero dende logo encántame o sabor dunha boa hamburguesa». Parafraseando a aquel negrata admito que poucas veces fun ao Resu, mais son de Viveiro, o que me converte máis ou menos nun entusiasta do festival, pero dende logo entendo a quen este ano rexeite acudir. Ou non.
Por recomendación de P., achegueime ao libro de Nando Cruz: Macro Festivales. El agujero negro de la música (Ed. Península, 2023). Nel debúllase a completa tolería na que se veñen convertendo os mega-concertos duns anos a esta parte.
Insiste o autor que tras un comezo cheo de paixón acaban por ser incómodos, excesivos, insostibles. Baixo a etiqueta da viabilidade económica (poder asegurar o seu futuro) deixan de ser un espazo onde desfrutar da boa música para se transformar nunha máquina de facer money.
Critícase, por exemplo, que pequenas e acertadas ideas coma o Resurrection Fest -bendicidas polo carto público a base de subvencións, axudas a fondo perdido, facilidades na ocupación do espazo común, etc.- rematen en mans dunha empresa que buscará o -moi lícito- beneficio mercantil. E isto aconteceu no 2022, cando o Resu se «asociou» con Superstruct Entertaiment, agora administrador único da empresa Old Navy Port Producciones que promove o festival.
Pois ben, estes días saltou á prensa que o dono de Superstruct é un fondo de inversión norteamericano (KKR) adicado aos negocios. «Nada persoal, só negocios». Si, é certo que, se cadra, algúns dos seus tratos comerciais poden ser reprobados por algúns.
Igual de negativo que o Mad Cool sexa patrocinado pola Comunidade de Madrid. Ese ente que segundo diversas fontes, deixou morrer persoas indefensas nas residencias de maiores durante a pandemia. Ou que Iberdrola, dona da maior central nuclear española (e partícipe en tódalas outras), sexa o «partner» enerxético dunha chea de eventos musicais deste verán.
Ninguén se asombra por isto?, témolo tan esquecido (ou asumido) que nen reparamos? Ademais, controversias nos festivais hai unhas cantas: os salarios dos traballadores, as medidas de seguridade, os contratos, os horarios laborais, o refugallo plástico que se xera, os prezos desorbitados do alcol e a comida,... e tampouco ninguén se escandaliza.
Pero volvendo ao KKR, -e sen xustificar ao Resu, que tras 20 anos xa amosou cara onde vai- se ti tes claro que este ano pasas de asistir polas implicacións indirectas da organización no xenocidio palestino, adiante, os xestos contan. Agora ben, continúa así, eh?
Suscríbete para seguir leyendo
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»