Opinión
De barcos, cartos e mortos
Paseábamos perto da casa cando T., coma se tal cousa, sinalou o chalano no galpón e apuntou que o tirara da praia. «E logo, vas arranchar nel?», «Non, vouno gardar», refungou. Algo acontecía, porque T. nunca o puxera a cuberto. Continuou parolando da sua idade, da incomodade de bogar, de que esvarara ao embarcar facía un par de semanas e que xa o corpo non estaba para eses trotes. Mariñeiro no Gran Sol, cazador de baleas nos setenta e supervivente de dúas galernas. T. máis que ser home, fora peixe, e agora poñía a embarcación a descansar cunha reflexión: «Fun moi afortunado; vivín para contalo».
Esta lembranza venme á cabeza co FARO nas mans, lendo a noticia co informe definitivo do CIAIM sobre o afundimento do 'Villa de Pitanxo' publicada este domingo. Estar vivo era a gran fortuna de T. Pola contra, os vinteún rapaces do 'Pitanxo' correron peor sorte; eles quedaron nas augas do Canadá para sempre aquel 15 de febreiro de 2022.
As conclusións da comisión de investigación van desbotando os argumentos do patrón, Juan Enrique Padín Costas, sobre a suposta parada do motor, a perda de manexabilidade, a escora, a entrada de auga e o posterior afundimento. Ao final todo queda resumido nunha manobra de virada do aparello arriscada, cas redes espichadas no fondo que impedirían o arrastre e o izado das capturas.
Logo a letra pequena fala de que o conxelador tiña prohibido faenar desde 2018 nas augas de Terranova (e alí continuaba!) e que no interior do buque se acometeran reformas que comprometían a sua estabilidade: maiores depósitos de combustible, para abastecer un motor repotenciado en 2020 (nesta data pasou de 878KW a 1267KW) e aumento da capacidade das adegas de carga (no libro declarábanse 302 toneladas pero podía albergar entre 360 e 380 toneladas). O curioso destas modificacións, segundo detalla o informe do CIAIM, é que serían facilmente detectables durante unha inspección de rutina.
A ninguén lle sorprenderá que a empresa, Pesquerías Nores, as efectuase e non as declararse, o flagrante é que nen a Capitanía Marítima de Vigo (dependente da Mariña Mercante) nen a Dirección Xeral de Pesca impediran que o 'Villa de Pitanxo' continuara traballando. Como pode ser que o buque pasara todos os controis, todas as inspeccións e de xeito favorable! Van asumir as administracións a sua responsabilidade? Como se pode manter este ruidoso silencio? Se cadra todo encaixa porque, coma apuntaban as voces baixas, existen pagas extras sen declarar? Será iso? Sería ben ruín.
Cada vez que me veñen ao maxín os vinteún do 'Pitanxo' penso no barato que aínda segue a ser o peixe. E si, queixámonos, pero non hai cartos que o paguen.
Suscríbete para seguir leyendo
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»