Opinión | Segunda feira
Xitanos e moinantes en Galicia
A máis recente destas miñas bagatelas suscitou dúbidas e maila curiosidade dalgúns lectores amigos que me piden aclaracións. Velaquí o que lles podo decer.
-Quen son os xitanos? Ao parecer, un pequeno pobo indoeuropeo da India que, na baixa Idade Media, viaxou cara a posta do Sol, chegando a Europa. Primeiro dixeron seren súbditos do emperador de Bizancio e amosaron cartas e títulos. Anos máis tarde, en diversos lugares de Occidente atribuíronse outras orixes. E aínda hoxe lles dicimos, na Península ibérica, xitanos, ciganos, e en Inglaterra gypsies. Ou sexa: exipcios. E declaráronse os nómades franceses seren bohemiens, ademais de gitans. Finalmente, os andaluces dixeron ser flamencos.
Teñen unha lingua propia e adoptan como vehicular aquela que lle resulte útil para as relacións cos restantes humanos. Esa lingua común chámase romaní ou romanó porque é a propia do pobo rom. O ser humano que non sexa rom será considerado outra cousa que eles chaman gachó en masculino e gachí en femenino e gaché en plural de ambos xéneros. En España pode usarse o galeguismo paio.
Non teñen relixión propia. Casan mediante rapto ritual ou ben mediante a ruptura cerimonial do himen da noiva. Están divididos en castas embrionarias e seguen unha lista das prohibicións e permisións que adopta cada grupo. As profesións permitidas son: artistas de espectáculo, toda clase de venta ambulante de miudenzas. Entre elas, drogas ilegais, trata de cabalos e nunca de vacas nin avenza, metalurxia (inclúese a forxa e o ferro vello). As mulleres poden ser videntes máxicas. Á comisión dunha falta grave, os anciáns poden decretar a excomunión do grupo.
-E quen son os moinantes? Eles viven en lugares aleatorios de Galicia que non consideran propios como é, ou foi, Leres. Segue habendo moinantes en Carballo e Coristanco. Son feirantes e percorren as festas e feiras con barracas de exhibición coma barcas voadoras e carruseis, tómbolas e toda clase de novidades do xénero. Son expertos en xogo legal ou non (trile). No plano ilegal parece que foron piqueiros ou carteristas como foi o famoso o Venerando de Leres.
Así como os xitanos ibéricos falan portugués ou español basicamente para comunicarse co exterior da súa comunidade, os nosos moinantes falan galego sempre. Por iso existen dúas hipóteses sobre a orixe dos moinantes. Unha que di que os moinantes proceden da primeira comunidade rom que se estableceu en Galicia e que sufriu fortes procesos de mestizaxe. Outra, que considera os moinantes como campesinos pobres autóctonos que adoptaron formas de vida axitanadas.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Operativo exprés para salvar a una bañista
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó en Vigo: «La casa parece una selva»
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar
Premios Fundación Banco Sabadell: dos décadas impulsando talento y ciencia desde la emoción
