Opinión
A voltas coa linguaxe inclusiva
Unha das miñas grandes preocupacións, en termos da linguaxe, é o sexismo lingüístico, o uso discriminatorio da lingua por razón de sexo. É dicir, a práctica, consciente ou non, de lle outorgar ao home unha posición no mundo que podemos definir como androcentrismo lingüístico ao pensar só en masculino cando se fala ou escrebe, concedéndolle unha posición central no mundo, nas sociedades, cultura e historia. Os homes son o referente e as mulleres quedan nun plano de exclusión e invisibilidade resultando tan dificil a incorporación en igualdade porque quen arbitra (arbitrariamente) o discurso condiciona a realidade. A linguaxe non é inocente
Afortunadamente, nas nosas linguas existe unha grande riqueza que nos permite o uso non excluínte da linguaxe; refírome ás linguas do Estado español, sen rachar coa estrutura gramatical, a economía da linguaxe e as normas de entendemento en xeral.
Por exemplo, decote utilizamos masculinos xenéricos como «nenos», «mozos», «alumnos», «veciños»... pero existen alternativas que deberiamos usar: nenez, mocidade, alumnado ou veciñanza.
Se imos á RAE ou á RAG, o uso de termos relativos ás profesións e que se repite de xeito sistemático está totalmente aceptado, formando parte dun vocabulario non sexista e dentro das normas da lingua.
Todo isto ven a conto de que hai uns días, FARO recollía dúas novas. Unha delas destacaba que a Galiza até o ano 2040 deberá reemprazar 13.000 docentes, dado que ten o índice de idade máis avanzada da España; supoñendo, disque, toda unha «revolución».
Persoalmente teño que poñela en dúbida se non se fai o reemprazamento cunha formación en igualdade, e para que así sexa, esta nova xeración de docentes haberá de estar co ollo atento. Temo que unha vez máis serán elas as que terán que facer este esforzo, posto que o patriarcado vaillo poñer difícil para rachar co androcentrismo.
Seguindo coas novas deste xornal, faise unha entrevista a sete docentes directoras doutros tantos colexios de Vigo, queixándose estas de que non hai día que pais e nais, ao dirixírense á direccion, pregunten sempre polo «director». Mesmo durante a entrevista, espero que de xeito inconsciente, algunha delas cae na linguaxe non inclusiva ao falar do seu «alumnado». Son mulleres novas e precisamente é a súa xuventude a que ten que lle dar esperanza ás nosas nenas e gravando a ferro que o que non se nomea non existe.
Con esperanza, non nos queda outra, agardemos que esta nova xeración de docentes traia como obxectivo a igualdade tamén na lingua.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Se hace pasar por su nuera y escapa en una carretilla al estar trabajando cuando no debía en un aserradero de Nigrán
- El mayor parque acuático de Galicia desvela la fecha de apertura
- «Con radioterapia y extirpación de ganglios, en uno de cada tres pacientes hay linfedema»
- La Ley de Extranjería no es para todos: Nirsa y Darys lo saben bien
- Cesados el presidente y la consejera delegada de Ribera