Opinión | Segunda feira

Consideracións sobre un ocaso

A Conferencia Financeira de Bretton Woods celebrouse entre o 1 e o 22 de xullo de 1944. Dela naceu o FMI (Fondo Monetario Internacional) e o BIRF (Banco Internacional de Reconstrución e Fomento), parte actual do grupo do Banco Mundial. Bretton Woods estableceu as normas económicas de Occidente, convertendo os EE UU en cabeza dun imperio económico. Sen embargo, tivo lugar a Conferencia de Bandung en 1955 e producíronse movementos descolonizadores no Terceiro Mundo. Pero quedou establecida ata hoxe a supremacía dos EE UU.

Despois das Conferencias de Bandung e Bretton Woods, a Guerra Fría desatouse ao compás dun Campo Socialista que se robustecía. Hoxe, nacen os BRICS, acrónimo que se refire aos nomes dos países fundadores: Brasil, Rusia, India, China, Sudáfrica. Creouse unha nova situación mundial e está previsto que ingresen outros países. Algúns dos novos ingresados son considerados por moita xente como intrusos. Os BRICS abren o proceso, que saudamos desde a nosa dependencia política, con esperanza nun mundo multilateral, no que non haxa imperialismo e si unicamente cooperación. China e Rusia constitúen a rocha forte do proxecto e prevense inclusións de países superviventes do «desastre escuro soviético».

Ocupáronse xa os BRICS de fundar o novo Banco Mundial de Desenvolvemento, dirixido por Dilma Rousseff, entre outros organismos que serían capaces de xerar novas maneiras políticas de estar no mundo. A xesticulación circense (dito con respecto para os vellos clowns e caricatos) de Trump e a súa corte de millonarios poden representar a decadencia do sistema vixente. Corredores novos e obras públicas de comunicación extraordinaria estanse construíndo a sombra dos BRICS. Cos primeiros pasos dos BRICS superáronse xa as dictaduras do FMI, do Banco Mundial e outros centros de control imperial, orientándose todo a unha orde económica nova. Ou sexa, a un «cambio de base» con alusión á letra que Pottier escribiu para a Comuna de París. E moitas máis cousas que agoiran a fin do imperialismo centrado nos USA. Coido que a lectura de Consideracións sobre as causas da grandeza dos romanos e da súa decadencia de Montesquieu podería constituír unha boa lectura de primavera ou «tems nouvel», como dicían os trobadores de Provenza.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents