Opinión
Castelao e as fábricas de pasta de papel
A min gústame falar claro e direi que son partidario do proxecto Altri, ben entendido que só deberá ser autorizado cando se dean as garantías de respecto ó medio ambiente, tal e como ditan as normas da Unión Europea e semellantes as que rexen en Suecia e Finlandia, principais produtores mundiais de pasta de papel.
Entendo que este é o caso, xa que na análise de impacto ambiental levado a cabo pola Xunta de Galicia terán participado moitos técnicos ós que ninguén pode forzar a que fagan un ditame contrario ó que eles pensan. O ditame nunca é cousa dunha soa persoa, como sabe calquera que coñeza o funcionamento das administracións públicas.
Contra este tipo de proxectos, a demagoxia recorre normalmente a meter medo á xente argüíndo por exemplo, e sen razóns técnicas, que Altri vai causar un desastre medioambiental que matará as rías galegas. Xa dixen en outra ocasión que isto non sucede e para comprobalo non fai falla mais que mirar as industrias semellantes de suecos e finlandeses que teñen unha política medioambiental moi estrita, a mesma que se lle vai esixir a este proxecto, porque estamos suxeitos á normativa europea. Non teño dúbida algunha ó respecto.
Como exemplo, cítase polos demagogos os supostos danos medioambientais causados por Ence. Pero é que a celulosa pontevedresa non contaminou a nosa produción marisqueira, e fraco servicio fan estes demagogos irresponsables afirmando estas cousas sen pensar no dano que poden causar con estas afirmacións, que poden inducir a un rexeitamento dos consumidores do marisco da ría de Pontevedra, sobre todo do mexillón. Coidado con estas cousas, máxime cando son falsas como calquera pode comprobar consultando con Intecmar, un dos centros de control de calidade das augas de produción marisqueira mellores do mundo.
Como xa teño indicado en outro artigos, e dende a mais elemental lóxica económica, o mais razoable para un país que produce unha determinada materia prima é pechar o ciclo industrial en torno a mesma. Este tipo de industrias son as que xeran, de xeito sostible, a riqueza e emprego de calidade que Galicia tanto precisa. Galicia é produtora de eucalipto cuxa expansión xa está limitada legalmente , pero os rendementos poden aumentar se o seu cultivo se fai en mellores termos, o que se estimularía polo feito de que grazas a este proxecto pagarase mellor a madeira ós nosos paisanos que teñen tomadas dedicadas á plantación destas especies.
Pero hoxe quero chamar a atención cara o que o noso Castelao, un dos pais do galeguismo e home de gran ilustración, pensaba en torno a este tema. No seu 'Sempre en Galiza' louva o que el considera (e semella que Bóveda tamén), e con razón, coma as tres fontes da riqueza galega : «O Albre, A Vaca e O Peixe» (sic) e da árbore, vou destacar algunha das frases que lle dedica:
«O albre danos as traves, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama e o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.
O albre danos o papel barato que nos trae a descotío as novas do que pasa no mundo.
Val mais unha Terra con albres nos montes que un Estado con ouro nos bancos.
A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o Estado unitario.
Os albres son as minas galegas que nós sabremos esplotar cando a nosa terra sexa nosa.
A repovoación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade.
Na nosa Terra danse os mellores albres.
O dia que seipamos o que val un albre, aquél día non teremos necesidade de emigrar». (Sic)
Pero a afirmación mais contundente no tema que nos ocupa e a súa visión de un futuro próspero de Galicia baseada na súa riqueza e materia prima:
«Vexo os montes repovoados e cobertos de piñeiraes. Vexo grandes fábricas de pasta de papel e de productos derivados do leite». (Sic)
Esta afirmación de Castelao correspondese cunha lóxica económica evidente: a da que o ciclo industrial das materias primas que se producen na nosa terra tense que pechar aquí. Facelo doutro xeito é condenar a Galicia a un colonialismo absurdo subministrando materia prima a unha metrópole que aproveitará a riqueza proporcionada polo valor engadido obtido mediante o proceso industrial e polo emprego que proporcionará toda a cadea industrial que se desenrolará sen dubida en torno á factoría principal.
O tema de Altri require unha análise sosegado e sensato, sempre partindo da base que, con toda seguridade, vanse aplicar os mesmos estándares de protección do medio ambiente que os esixidos en Suecia ou Finlandia de acordo coa normativa medioambiental da Unión Europea.
Non nos deixemos arrastrar pola demagoxia dos que no seu día dicían «autopistas non», que son os que tamén se opuñan á autopista a Baiona e que se dedican a falar mal do marisco producido na ría de Pontevedra e outros disparates. Si eu fose mariscador ou bateeiro preocuparíame moito de estas campañas demagóxicas sen fundamento que poden facer que baixe o prezo e a reputación dos nosos produtos. Galicia precisa industria que aproveite os seus recursos naturais, tal e como predicaba Castelao, para non emigrar, xerar emprego de calidade e elevar o noso nivel de vida. Producir eucalipto en Galicia e que o leven fóra para tratalo industrialmente é o mesmo que pasa con algúns países africanos que extraen o coltán para que os ricos países do primeiro mundo fabriquen teléfonos móbiles e vivan mellor a costa dos colonizados.
* Páxinas 133 a 135 correspondentes coa segunda edición do 'Sempre en Galiza' de 1944. Edición As Burgas.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
