Opinión

Subdirector de Faro de Vigo
A «mansión da arte» de Vigo

Obras de remodelación del cine Fraga / Pablo Hernández Gamarra
Cando era un cativiño, duns cinco ou seis anos, meus pais faláronme por primeira vez dun cine máxico no centro de Vigo. Unha sala enorme á que ían xa de mozos e na que gozaron de filmes históricos e outros máis modernos coma A Guerra das Galaxias, a finais dos setenta ou principios dos oitenta, xa non lembro. Si que recordo a impresión que lles causou esta última obra
—a primeira de ciencia ficción que viran— e que aquela noite chovía e ventaba moitísimo e non daban chegado de volta a Sabarís.
O cine non era outro, claro está, que o Fraga, esa xoia que durante máis de dúas décadas estivo pechada como outra mostra máis do nociva que foi a imposta fusión das nosas caixas de aforros, pero niso non vou entrar… polo de agora. Manda carallo que a última proxección da sala fose Lara Croft, con Angelina Jolie, no 2001. A adaptación ao cine dun videoxogo. Pouco encanto para a «mansión da arte» que no 1948 inauguraba don Isaac Fraga Penedo, co filme Botón de ancla, que distribuía o noso Howard Hughes vigués, o produtor Cesáreo González, do cal xa falamos dabondo no Estela non fai tanto tempo.

La brillante singladura del Fraga /
Nova etapa
Eu, cine, no Fraga, nada, pero mentiría se dixese que nunca pisei a discoteca Nova Olimpia nos baixos do edificio. Pero mellor queda entre nós. Ao que ía: agora que Xunta e Deputación son donos e señores do inmoble tras comprarllo a Abanca por 9,3 millóns de euros, ábrese unha nova etapa e oportunidade para este espazo privilexiado no corazón da cidade. O que non está tan claro é cal vai ser a súa función, máis alá de que será un espazo aberto aos cidadáns e que ten que ter un lóxico compoñente cultural. Por iso, as dúas administracións, antes de decidir nada, pediron axuda aos vigueses e preguntáronlles para que queren o Fraga.

Los proyectores, protegidos durante las obras de restauración del edificio / Pablo Hernández Gamarra
Fai uns días, o conselleiro de Cultura, José López (que debe ser o máis alto da historia da Xunta), anunciou que en cuestión de semanas desvelarán o plan de usos para o vello cine e agradeceu a resposta e as achegas dos veciños de Vigo. Recibiron máis de trescentas propostas, case nada, aínda que moitas eran «agradecementos» por rescatar o cine. As obras xa sabemos que estarán rematadas, como moitas outras na cidade, no 2027 (por que será?). Pero, coma sempre digo, máis importante que o continente é o contido. Só espero que acerten, porque de inmobles baleiros pagados cos cartos de todos estamos cheos, de norte a sur.
O Fraga merece reabrir as súas portas cunha alfombra vermella e unha finalidade clara, non como outro espazo sen alma nin función definida. Non abonda con rehabilitalo; cómpre darlle vida, sentido e, sobre todo, proxectalo cara ao futuro sen esquecer o seu pasado. Agardemos que esta vez as administracións escoiten con intelixencia e actúen con acerto, porque oportunidades así non se poden malgastar. E potencial, o Fraga, ten de sobra. Tanto coma historia.
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- Indra contratará a 170 personas en Galicia y centrará en Vigo su centro de ingeniería para guerra electrónica
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Papá y mamá te acompañan: Carla Lago se estrena en la Vig-Bay tras perder a sus padres en dos años por inesperadas enfermedades
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo