Opinión
Non me toques os grelos!
Este inverno, en dirección Ordes, pola N-550, bótanse en falla grelos e nabizas á beira da estrada. Antano os feixes amontoábanse nas carretillas. Ás portas das casas, os atados verdes eran unha invitación a parar e mercar produto local. Mais de vinte postos teño contado. Este ano, onde están? Disque é problema do tempo, que choveu cando non se agardaba e as xeadas son frouxas, apenas unha friaxe cativa á noite, e así a planta nin agroma ao xeito, nin tampouco crece vizosa. Pola terra Cha, outro dos lugares sagrados da grelosfera, tampouco mellora moito a situación. Cóntase pola feira de Vilalba que tampouco queda xente que se adique ao cultivo e daquela se o tempo é fraco e a produción tampouco axuda é fácil tirar conclusións pesimistas. Por se as desgracias foran poucas, disque hai un fungo, que ven a complicar a colleita. A meter un pouco máis de presión. E o Entroido está aí, ao dar a volta. Se cadra este ano hai que abandonar o grelo de Monfero polo repolo de Lourenzá e conformarse co «Non é ano de grelos!»
O panorama pinta mal, máis ninguén quere pasar sen cocido, xaora! Ao bo xantar, un rápido afaise e parece que o inverno é menos serio, se lle falta unha laconada como Dios manda. Tampouco é por ser «corvo» pero alguén pensou que poderíamos estar inmersos nunha crise culinaria e que non houbera cocido para tanto comensal? Con isto de que no planeta galaico, calquera reunión que se prece debe levar o seu festín gastronómico, se todos estamos comendo grelos, cachucha, touciño, costela, patacas e chourizo, ou botelo, en todos os sitios e a todas horas... é capaz que esteamos a superar os nosos límites agro-gandeiros?
De feito, este ano, os grelos resumen as fatalidades que nos retratan. Por que faltan grelos? Para algúns, porque o rural segue a despoboarse. Unha Galiza interior que se baleira (e sen recambio!), abandona tamén o agro, os cultivos. É coma se o país só fora esa liña de cemento, entre Vigo e Ferrol, con parada na Coru, Compos, Vila e Ponte. O resto non existe. E se non existe, ninguén vive. E se ninguén vive, tampouco ninguén traballa. E sen mans, quen sementa as leiras? Para outros, non hai grelos por causa do tempo, do cambio climático. E o fungo ese é coma o picudo que acabou cas palmeiras. Preséntase cando as temperaturas mudan, cos ventos tropicais e o descontrol climatolóxico: barruza a destempo, vai calor cando non debe. E se o fungo murcha as follas, quedaremos sen grelos. Para rematar, e puidera sonar apocalíptico, pero... teremos grelos para todos? Haberá que limitar as laconadas? Temo que se aveciña a Lei Seca do cocido.
Suscríbete para seguir leyendo
- Alfonso Rueda responde a las quejas de Jorge Cadaval sobre las lluvias en Andalucía y su referencia a Galicia: «Es lo que hay»
- La Fiscalía cree tener la prueba para hacer tambalear la instrucción de Hurtado
- El restaurante de Vigo con «carne ilimitada por 17, 90 euros» en el que no pagarás el día de tu cumpleaños
- Ya es oficial: te puedes jubilar a los 63 años si cumples este requisito
- El Supremo inadmite los recursos de la Xunta y empresas a favor de dos parques eólicos y valida la paralización del TSXG
- Rescatados los 19 tripulantes de un pesquero gallego hundido tras un incendio en el Pacífico
- Indemnizan con 4.000 euros a una pasajera que se cayó al bajar del autobús urbano en Vigo
- Muere Xurxo Bouzo, exfutbolista del Ourense