Opinión
As furias
Coma todas as mañás, estaba a ler o FARO DE VIGO mentres almorzaba na cociña cando os meus ollos bateron cunha nova que esta vella feminista recebiu con sorpresa e ledicia. Por fin hai en Vigo unha asociación feminista abolicionista: As Furias, ás que se lles acusa dunha pegada de carteis contra o proxenetismo en locais onde de xeito encuberto exércese a prostitución .
Parabéns se foron As Furias ou outras feministas abolicionistas. Polo de pronto, quen teñan sido estan en contra da vulneración dos Dereitos Humanos, están en contra das maiores aberracións que se poden facer coas mulleres e nenas. Só podo dicirlles o que elas xa saben pois quen o fixo, son mulleres. Ningún home se molestaría en denunciar este privilexio patriarcal.
A loita das abolicionistas sempre foi un reto e Vigo un referente na Galiza e neste caso, As Furias están a ser perseguidas e ameazadas un día tras doutro.
As feministas abolicionistas que comezamos esta loita estamos convencidas que isto só ten principiado e que non vai ficar aquí. Como consecuencia imediata, a páxina web explícitamente enunciadora destes «espazos de masaxe» foi borrada... non che vaia ser.
A evolución do proxenetismo nos últimos tempos é a de ir pechando clubes, substituindóos por «espazos de masaxe» e pisos considerados máis seguros para eles.
Eu animo ás abolicionistas a que non só peguen carteis, hai fórmulas para fotografar puteiros e proxenetas e así evidencialos combatendo deste xeito a demanda que impulsa á oferta, e viceversa, posto que uns alimentan aos outros.
Curiosamente a Lei abolicionista que estivo a piques de ser aprobada na anterior lexislatura non o foi por que as minorias no Goberno querian «perfeccionala» pero a nós, sabedoras do seu pensamento acerca da prostitución, non nos enganaron; son regulamentaristas, legalizadoras da prostitución ; iso si, coa boca pequena. Nesta lexislatura nin dela falan.
Un inciso: sabian vostedes que na Rúa Rosalia de Castro, onde apareceron estas denuncias, foi onde se detivo a uns dos máis importantes proxenetas de Vigo? Pois si, foron os irmáns Lorenzo quen, na súa cafetería «La Porchaba», gardaban toda a documentación das mulleres e lugares onde as confinaban. Toda esta investigación foi grazas ao empeño da xuíza Isabel Durantes e do finado Ventura Perez Mariño de quen o día 14 do presente fixo un ano do seu pasamento e a quen xamais poderemos esquecer pola súa honestidade en todos os espazos que ocupou.
Amigas que pegastes estes carteis contra da prostitución e pola abolición: seguide coa vosa loita pois sodes a esperanza de milleiros de mulleres e nenas obrigadas a prostituirse.
As vellas feministas estamos felices de ver como feministas abolicionistas colledes o relevo. Nós habemos estar sempre ao voso dispór proporcionándovos axuda, e ao voso lado. Grazas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano