Opinión | Segunda feira
Nós Brics
Limos estes días algunhas informacións sobre os Brics, o club inicialmente formado por Brasil, Rusia, a India, a China con Sudáfrica, que vai engrosando coa incorporación doutros gobernos que hoxe queren emanciparse do imperialismo norteamericano. Os Brics son aquilo que hoxe e tamén coñecido coma Sul Global, nesa manía infeliz de mesturar a política cos puntos cardinais. Evidentemente, a inclusión de Venezuela, Cuba ou Vietnam, alén doutros dos que foron chamados «países delincuentes», abre unha maneira nova de ver o mundo.
Os Brics están a pór en funcionamento un NBD (Novo Banco de Desenvolvemento) que, dirixido por Dilma Rouseff, está a dar os seus primeiros froitos. Os Brics intervirán en cousas tan elementais como os prezos dos cereais. E, noutro extremo, preparan unha «bolsa» dos diamantes e metais preciosos que pode arrincarlle o control mercantil á burguesía transnacional. Pensan (e iso pon moito medo no Imperio) en levantar unha estrutura de seguranza para alonxar a calquera intervención armada exterior.
O réxime internacional imposto na Conferencia de Bretton Woods de 1944 entronizando Norteamérica como potencia económica superior e planetaria, podería ser abolido polos Brics. Unha rede pacífica de corredores, rotas, infraestruturas de comunicación internacional e intercambio democrático permitirá o crecemento dos pobos e a circulación da riqueza. Nesta última empresa os Brics veñen confluír cos COS e coa UEFA que foron creadas respectivamente por China e por Rusia.
Se alguén pensa que un novo imperialismo quere sustituír a vella hexemonía dos EEUU, que pense na presenza nos Brics de Venezuela, Corea do Norte ou Vietnam. O caos que hoxe lle ofrece ao mundo a plutocracia norteamericana de Trump e Musk debe ter un final, e parte del serían os Brics. Despois da descolonización e do movemento de liberación nacional do Terceiro Mundo e da desfeita da URSS, veu a actual situación que semella a fin dun ciclo.
E posiblemente o sexa. As propostas dos Brics serían favorabeis aos procesos de autoidentificación dos pobos, e resultarían benéficas tamén para Galicia. Xa iremos vendo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un policía de Vigo se disfraza de cartero para pillar a una mujer que compró hachís por internet en Estados Unidos
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- En directo | El temporal Martinho sacude ya Galicia
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- El parque natural y gratuito lleno de animales, tirolinas y paseos para desconectar con toda la familia a media hora de Vigo
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»
- El líder de Desokupa: «El de Vigo no fue un operativo conjunto, la Policía no trabaja para nosotros»
- Vuelan los tejados de los Institutos Rodeira y María Soliño en Cangas