Opinión | De bolina
Normalizar o galego: «Beguin the Beguine?» (e II)
Póñense en contacto co responsable destas liñas —e logo da publicación, hai agora dúas semanas, dunha columna que levaba o mesmo rótulo que a presente— algúns de entre os, sempre moi amables, lectores coa demanda de que proceda a «clarificar, se tal é posible» os meus pareceres verbo da cuestión que naquel texto se amosaba e debatía: isto é, e á vista das recentes enquisas en relación co seu uso/desuso, «que cousa facermos, daquela, co idioma galego?».
Caros meus e caras miñas. Son, en efecto e tal e como Vdes. mesmos sinalan —por máis que xubilado desde hai xa algún tempo de tarefas docentes—, doutor en Filoloxía. Mais como xa adiantei hai dúas semanas, interpreto que o problema co cal nos enfrontamos si que vén exceder as competencias dun filólogo. Doutro lado, quero redundar asemade no meu respecto diante das aptitudes, destrezas..., mellores vontades por parte dos membros das diferentes comisións designadas para levaren a cabo unha renovación do Plan xeral de normalización da lingua. Dito/escrito o cal, tentarei explicarme de contado.
Cal é o obxectivo —o obxectivo real— a procurar? Desde a miña perspectiva, só percibo tres continxencias. Entón, se do que se trata —e como vén de recordar nunha recente entrevista televisiva o presidente da Xunta, Alfonso Rueda— é de acadarmos «o bilingüismo harmónico» (iso mesmo que xa se buscaba, e con idénticos medios, hai cousa de vinte anos), interpreto que non cómpre facermos máis nada. Resultando factible, e como o propio Rueda reiterou, expresarnos no idioma que nos pete, a «harmonía» non pode resultar outra senón esa mesma de que cadaquén se lamba de seu. Escrito no plurilingüismo «con sentidiño» que tanto lle presta a D. Alfonso, laissez faire, laissez passer. Let it be, let it be.
Mais se, polo contario, o que se persigue é habitarmos nun país no que só se fale en galego ou, polo menos, que dita lingua deveña nitidamente dominante, daquela o único vieiro viría residir en modificarmos radicalmente o noso estatus xurídico-político si ou tamén. Xa que logo, Galiza tería que conformarse como un estado membro dunha España confederal ou, directamente, como unha nación independente e na cal a lingua galega se transforme no único idioma oficial a todos os efectos. Secasí, a cousa non resultaría tal vez tan doada. Sen ir máis lonxe, velaí que en 1922 Irlanda atinxiu a independencia do Reino Unido. Pois ben: dos cinco millóns de habitantes que poboan na actualidade o Eire, tan só 72.000 empregan o gaélico irlandés diariamente para alén do sistema educativo.
Mais resta aínda unha terceira perspectiva: a de conseguir que aqueles que na actualidade só se expresan en castelán e aqueloutros que empregan máis ese idioma que o galego, modifiquen substancialmente os seus hábitos. É dicir; que os monofalantes en castelán comecen a empregar tamén o galego e que esoutros que declaran «falar máis en castelán que en galego» pasen a formar parte do grupo dos que «falan máis en galego que en castelán». Agora ben; se tal fose, finalmente, o obxectivo, cales medidas cumpriría levarmos a termo?
Caros e caras, de novo. Se esa viñese resultar ao certo a finalidade do proceso, debo reiterar entón que, para semellante iniciativa e desde a miña estima, moito antes que filólogos, académicos, profesores universitarios, escritores... o que realmente se precisaría é doutra clase de axentes: velaí especialistas en teoría da comunicación; expertos en marketing lingüístico, líderes de opinión, empresas e empresarios comprometidos; profesionais no mercado socio-cultural; influencers e youtubers; «amanciortegas» capaces, en suma, se saber publicitar, espallar e «vender» o galego a tutti quanti. E disimulen Vdes. a falta de anestesia, mais coido que o resto, e como xa quedara expresado, apenas dará nun beguin the beguine. Como lle din os nosos irmãos da outra beira, em águas de bacalhau.
Suscríbete para seguir leyendo
- Ryanair cambia de repente su norma de equipaje de mano: estas son las novedades
- Un policía de Vigo se disfraza de cartero para pillar a una mujer que compró hachís por internet en Estados Unidos
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Salvador Macip, investigador: 'Ya ha nacido la primera persona que tomará un fármaco contra el envejecimiento
- El líder de Desokupa: «El de Vigo no fue un operativo conjunto, la Policía no trabaja para nosotros»
- Un carguero atraca de urgencia en Vigo tras perder decenas de contenedores en el mar
- Empleados de mantenimiento de Vialia denuncian «amenazas»: «Pasaron de pagarnos 25 euros por los domingos a 3 euros»
- Más de 200 migrantes residen desde hace seis meses en Mondariz-Balneario: «Nos queremos quedar en Galicia»