Opinión
Mala economía
Abro as páxinas de xornais e atopo moitos exemplos de mala economía. Comezo nos Estados Unidos. A expulsión de migrantes reduce a oferta laboral e conducirá a problemas de falla de man de obra en sectores como o agrogandeiro e de inflación. Dende un punto de vista económico (e humano) sería moito mellor atopar solución para regularizar a situación desas persoas. Os aranceis son outro exemplo de mala política cando non están xustificados por motivos moi concretos, como pode ser a compensación polas prácticas de dumping dos socios comerciais. Non é o caso. De novo, unha decisión que provocará inflación e empobrecemento dos estadounidenses; e que dará lugar a respostas do outro lado que empeorarán o benestar de todos.
Máis perto da casa, o sistema de concerto que reivindican agora dende Cataluña é moi mal camiño para transitar, por moitos motivos. E, dende logo, non sae a conta que o pidamos tamén para Galicia. Sobre isto teño escrito reiteradas veces nas páxinas deste xornal. É unha proposta que sorprende a todos os expertos en finanzas autonómicas no resto de España: se tes unha capacidade fiscal por baixo da media e unhas necesidades de gasto por riba, a implicación semella evidente.
En derradeiro termo, a proposta dunha empresa pública autonómica para a xestión dos recursos enerxéticos de Galicia non é boa idea. A electricidade é un ben que se distribúe en mercado. E iso fai que ferramentas suxeitas a dereito público non sexan acaídas. O dereito administrativo e a función pública serven para dar garantías e coberturas, pero non para operar con axilidade nun mercado. A Xunta de Galicia atina na fórmula de colaboración público-privada escollida para Recursos de Galicia. A titularidade pública ten que estar por baixo do 50% para poder operar con axilidade e estando suxeitos ao dereito mercantil e o resto do dereito privado. A maioría do capital ten que estar en mans de investidores galegos; coa posibilidade nos vindeiros anos de que calquera de nós poda facerse propietario dun anaco a título particular.
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conductor que arrolló a dos guardias civiles en Vigo casi triplicó la tasa máxima de alcohol
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Un amigo de Anabel se sincera acerca de la desconfianza de su entorno sobre David Rodríguez: «Cosas tan horrorosas y feas...»
- Samil contará con un camping para autocaravanas