Opinión
Un día é un día
Tomar en serio eso de vivir por riba das nosas posibilidades
Cústanos encaixar nunha posición relaxada e gozar dela. En ocasións sentímonos por enriba de onde realmente vivimos —aquela frase que tanto nos lembraron tralo crack do 2008— e outras, sen reparar que desfrutamos dun lugar tranquilo, seguro e sobre todo pacífico, danos por pensar que andamos moi por debaixo. Semella que desde a crise financeira tomamos en serio eso de vivir demasiado por riba das nosas posibilidades e ninguén se atreve. Ninguén? Buenooo... Certo é que cando caemos no pozo podemos botar man de esconxuro: «Un día é un día, e un peso gastouse». E claro, se apenas é unha vez cando se fai algo extraordinario tampouco irá trastornar a economía persoal.
A isto xogan os restaurantes de estrelas (ou soles), as asesorías de vacacións que onde vai deixaron de ser axencias, ou eses gurús do ‘bon vivant’ que andan sempre no último bólido, enroupados ca última xoia fashion e saltando de planazo en planazo. E ollo, esta tropa, mistura de instagramers e influencers tampouco queren vender nada, iso é do século pasado, dos noventa. O seu segredo é transmitir sensacións, vivencias, facelo diferente, iso que tamén se lle da en chamar maxia. Maxia...
Disque as experiencias agora son o «must have», o que hai que posuír. Como se caeran do ceo. Un exemplo. Menú degustación nun deses locais estrelados. Activas os cinco sentidos coma nunca antes percibiras. Só que no fin, tras gardar a carteira, reparas que deixaches unha talegada, nun desfrute para o cal —é posible— se necesite algo de teoría previa, pero ti calado. Para entendernos, que na maior parte dos casos estamos pouco formados para apreciar os matices, os retrogustos... recoñezámolo. É coma no conto do Rei Espido, ninguén se atrevía a sinalar o cuíño peludo de su majestad por temor a que lle afearan o comentario cun «ti de moda que entenderás!» Acontece o mesmo ca «Rapsodia do Atlántico con Muselina de centola sobre néboa de ourizo con brotes de alga nori». Quen é o milhomes para rosmarlle ao Jordi Cruz de turno que á muselina faltáballe sal. De tódolos xeitos, da un pouco igual, un día é un día, non si?
Non. Claro que non. Quedamos pampos dándolle á pantalla co dedo. Ese desprazamento infinito de experiencias é anulador. Automatízate. Enférmate. Paremos un momento. Ninguén repara que polo mesmo importe da sablada culinaria esa, comen moitas familias todo o mes. Que é imposible mercar, nin co salario dun ano enteiro, o xeitoso bolsiño de coiro, tan cool. De que estamos a falar? Ollamos para ese mundo irreal porque neste que habitamos, convivir coa desigualdade, a pobreza, a miseria e as mentiras que nos arrodean é moi duro. Preferimos enganarnos e seguir na maxia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un vigués gana a su comunidad: le pagan íntegra una nueva galería aunque la deteriorada tenía 30 años
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales
- Dieta cetogénica y cáncer: ¿qué dice la ciencia?
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años
- Stellantis cierra la planta de Luton y hará crecer a la «hermana» británica de Balaídos
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Detenido el concejal del PSOE de Cangas, Eugenio González, por supuesta usurpación de estado civil en una solicitud de baja de un vado