Opinión
Toralla (non) é de todos

Illa de Toralla. / FdV
–Buenas tardes, ¿a quién viene a ver?
—A ninguén, só quería visitar a illa.
—Lo siento, sin ser invitado no puede pasar; propiedad privada.
—Pero o litoral, como o mar, é de todos.
—Este, no.
A calquera que tentase percorrer Toralla, máis aló da súa praia, soaralle esta conversa. Os que prohiben o paso non teñen a culpa; só cumpren as ordes de quen lles paga, aínda que dá ganas de arrincar a barreira e botala ao mar. O de Toralla é un anacronismo en pleno século XXI. Só residentes ou convidados poden acceder ás súas 10 hectáreas de terra, conectadas á costa por unha ponte fronte á praia do Vao. Un espazo onde a Lei de Costas, en vigor desde hai 35 anos, non parecía ter cabida. Ata agora.
A exclusividade desta illa, sustentada nunha concesión outorgada en 1965 e que aínda terá vixencia durante máis de 40 anos, foi obxecto de polémica durante décadas. Agora, grazas á determinación do Ministerio para a Transición Ecolóxica, alentado polo Concello, e ao impulso dos colectivos veciñais que loitan pola súa reconquista, albíscase unha oportunidade histórica para devolverlle aos vigueses parte do que nunca lles debera ser arrebatado.
O proxecto de recuperación do tránsito en Toralla, encargado recentemente pola Dirección Xeral da Costa e do Mar, representa un fito na loita pola xustiza ambiental e o cumprimento da Lei de Costas, que establece que os primeiros 100 metros de costa son de dominio público, e que os seis primeiros metros desde o mar deben permanecer accesibles para todos.
Pero en Toralla non hai dominio público, servidume de paso nin nada disto, senón unha comunidade de propietarios e unha sociedade, Toralla S.A., que ostenta a concesión sobre a illa ata 2064. O futuro camiño público, que percorrerá o perímetro da illa cunha lonxitude superior a 1.500 metros e un ancho mínimo de seis metros, non só restaurará a servidume de paso senón que tamén reivindicará o dereito colectivo sobre un espazo natural privatizado durante o franquismo. É comprensible que esta boa nova non sentase nada ben entre os propietarios dos trinta chalés e as ducias de pisos da torre de 70 metros que nunca se deberon construír.
A única conquista cidadá en Toralla remóntase a 1990, cando unha sentenza do Tribunal Supremo declarou o acceso libre ás praias da illa pola ponte. Este vial, ao estar sobre terreo público —a lámina de mar—, esixía unha servidume de paso. A resposta da propiedade foi trasladar a fronteira desde O Vao ata o outro lado da ponte, onde permanece, prohibindo o paso a calquera persoa allea.
A recuperación de Toralla vai máis aló dunha cuestión legal; é xustiza social. Nun momento de crecente sensibilidade cara ao medio ambiente e ao acceso equitativo aos recursos naturais, a illa érguese como un símbolo dos excesos urbanísticos do pasado. As mesmas rochas sobre as que se asentan chalés e piscinas privadas deberían ser un espazo para o gozo de todos, non un escaparate do privilexio.
Pero conseguilo esixirá un compromiso constante por parte das institucións locais, do Goberno central e, sobre todo, da veciñanza. Só a través da vixilancia activa e da presión social poderase garantir que este proxecto non se dilúa en trámites administrativos nin en concesións aos intereses privados. Toralla non é de todos. Pero pode selo.
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Una okupación eterna: «Es inhumano»
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- De antiguo complejo textil a ser el hotel con más encanto de Galicia: un paraíso 'escondido' a cuarenta minutos de Vigo
- El Celta negocia con seis artistas para los conciertos en Balaídos de este verano
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal