Opinión | Segunda feira
Os cabalos na lingua

Fernando Groba, con un exemplar de raza autóctona en Silleda. / ALFONSO LOÑO
No FARO do domingo 5 de xaneiro leo unha crónica na que Gabino Porto dá conta das investigacións do profesor Fernando Grobas sobre o vocabulario e usos na lingua galega do mundo do cabalo. E fun sabedor de que, sobre este asunto, versa a tese de doutoramento do filólogo citado quen, por cima, consagra os seus leceres á cría de cabalos PRG, ou sexa de «Pura Raza Galega». A información xornalística aparece acompañada dunha magnífica fotografía tomada por Alfonso Loño na feira de Silleda, na que é protagonista unha besta que amosa todo o esplendor da raza autóctona.
O animal amosa un ollo vivo e intelixente, pelaxe castaña, as crinas e rabo de fosco pelo preto. O exemplar, coido que premiado no concurso morfolóxico do PRG, non parece sobrepasar a altura que a tradición británica atribúe ao gado considerado como pony. Ou sexa, a que tiña presente a principio do século XX o pai da zootecnia galega, Juan Rof Codina, cando bautizaba o noso cabalo propio como «pony galego». Por aquel tempo, os libros falaban da presenza na Península Ibérica dun «tronco celta» e dun «tronco ibérico». Hai anos, a Xunta de Galicia tomou cartas no asunto do cabalo galego e ditou a oficialización do PRG co seu libro oficial e as normas morfolóxicas a que deben axustarse os que aspiren á carta e ao rexistro. Non sei como funcionará neste momento o Centro oficial do PRG.
"Os curros que se celebran en Galicia son elementos fundamentais dun tesouro cultural que se constela ao redor do noso cabalo autóctono"
Unha das singularidades de Galicia é a existencia de cabalos ceibes nos montes, que son reunidos cada ano nos curros. Córrese perigo de mestizaxe. Hai zonas do País nos que mesmo se insinúan as subrazas, sobre todo, cruzándose o noso gado co de raza bretoa, cousa que se fixo masivamente, en cortes e domesticidade total, na terra de Iria. Pero aínda así o cabalo galego é o dominante entre os milleiros de cabezas de gado que calculaba o recordado Quin González Troncoso que vivían en réxime de libertade vixiada nas serras e montes de Galicia. Coido que o Curro do Galiñeiro segue a celebrarse aínda que non todos os anos, con cabalos criados no termo municipal da primeira cidade industrial de Galicia que é Vigo.
O campeonato galego de andadura, os concursos morfolóxicos do PRG e, sobre todo, os curros que se celebran en Galicia son elementos fundamentais dun tesouro cultural que se constela ao redor do noso cabalo autóctono.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Brutal accidente en Meaño, con cinco heridos
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos