Opinión | Xanela aberta
Se a árbore deste Nadal está baleira, saiba que:
non ten que sentir culpa ou vergoña por ter que preservar intacto o peto para facer fronte o resto do ano ao aluguer, hipoteca, renovacións dos seguros, cesta da compra, vestimenta das crianzas ou imprevistos cotiás. Saiba que o retrato de familias felices arredor de xuntanzas farturentas é unha ficción que pode minar a nosa saúde mental, xerando anguria e frustración por vernos incapaces de cumprir esas expectativas perniciosas que se debuxan en anuncios, filmes e vídeos de redes sociais que agroman estes días e fomentan un consumismo extremo. Cómpre un golpe na mesa e sinalar que hai persoas nas colas da fame e sen teito, ademais de que as economías domésticas non dan para encher de agasallos o salón ou de marisco os pratos.
Ten que saber tamén que non ten obriga de ficar inmóbil nun campo de batalla. Saiba que ten alternativa e que é libre para deixar a cadeira baleira onde hai maltrato, que hai quen quere, pero non quere ben, e merecemos respecto, non ocultar quen somos, velar polo amor propio. Abofé que non é doado, pero non descarte esa man amiga que estará encantada de abrirlle as portas, non desbote as entidades que fan acompañamento se a soidade queima o peito, e lembre que, non en poucas ocasións, un ou unha mesma pode ser a mellor das compañas, a máis liberadora.
Dou grazas por non ser quen de relatar a fame, pero sei narrar o frío, as humidades infestando roupa, mobles e libros, e os cartóns illando a estancia, unha situación que xa non é, pero que si foi durante longo tempo. Coido que habería que ter máis presente que ninguén estamos exentos de percorrer en equilibrio os lindes da vulnerabilidade. Se cadra, ese pensamento levaría a que fosemos máis amables, a poñer en práctica a escoita activa, a recoñecerse na persoa que temos diante e tender unha man, en definitiva, a non virar a cara cando hai quen sofre, sexa Nadal ou sexa primavera.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- El Chuvi extrae un tumor del corazón sin abrir el pecho por primera vez en España
- Abre en Galicia un aparcamiento para camiones pionero en España