Opinión | Voyager
Tanto ruído coma violencia
«Penso na miña filla e quedo preocupado porque non me gusta o mundo que lle estamos deixando». Esta sentencia concentra un desacougo que imaxino que vai implícito ao xeito de ser nai ou pai. Hai unha responsabilidade alén da organización do día a día e das obrigas básicas: alimentar, dar abrigo, ofrecer un espazo familiar de afecto e ofrecer unha educación. Pregúntome se os nosos avós, durante a Guerra Civil ou no período de posguerra, cando a prioridade era sobrevivir, tiñan a oportunidade de dedicar parte do espazo mental a pensar nisto mesmo. Tamén me pregunto se as nosas nais e pais tiñan tempo de reflexionar arredor desta cuestión mentres traballaban un número de horas indecente durante a crise dos oitenta para conseguir chegar a fin de mes. Mais entendo moi ben a preocupación que acompaña coma unha sombra a persoa que pronunciou a frase que abre este artigo. Ten que ver con varias cousas. Unha delas é a falta de palabra e de compromiso que nos atravesa en todas as esferas. Pero, dito isto, honestamente, non creo que vivamos nun contexto social funcione nuns códigos onde faltar á palabra sexa algo específico deste momento histórico. Creo que sempre debeu de ser así, pero o acceso que temos neste momento á información é determinante. De xeito paradoxal, tamén vivimos na era da desinformación, e crisparse é tan sinxelo, tan automático, coma facer click cun dedo nunha noticia. Xa non hai que agardar ao xornal do día seguinte para saber que está sucedendo no mundo. Tan só tes que mover un dedo. Quizais o perigoso sexa que, en cuestión de segundos, podes ter ducias de argumentos nunha ou noutra dirección para odiar a aquel que defende principios opostos aos teus e repetilos con furia, disparando frases coma canonazos. Poño como exemplo o que sucedeu durante a visita dos reis e de Pedro Sánchez a Paiporta, despois de que a DANA arrasase con todo, coa impotencia a flor de pel. Ver como había xente que castigaba tan duramente ao presidente do Goberno por marchar do lugar en que estaba sendo agredido púxome triste. Sentiría o mesmo se gobernase Alberto Núñez Feijoo, non é unha cuestión de maior ou menor afinidade política, é unha cuestión de humanidade e de rexeitar todas as formas de violencia. «Pero os reis quedaron alí, aguantaron, e Pedro non. É unha vergonza», díxome un bo amigo. E eu contestei: «un manifestante guindoulle unha barra de ferro, como non ía marchar? A súa integridade física estaba en perigo». «Iso non o sabía», argumentou el, que é unha persoa que le, que se informa, que está atento ás noticias. Mais, ata que punto estamos condicionados polos medios en que confiamos? Canto de responsabilidade ten o xornalismo (e os tentáculos da política) no clima de exasperación? Lembro agora algo do que fun testemuña algunhas veces sendo unha nena: o orgullo co que se falaba das manifestacións do sector metal de principios dos oitenta, en Vigo. «Aquilo si eran manifestacións de verdade, os traballadores lanzaban parafusos». Eu non entendía ben o sentido desa frase. Pensaba neses parafusos golpeando cabezas e sentíame confundida. Porque ese abrazarse á violencia como resposta a outras violencias tiña capas de profundidade ás que aínda non era quen de acceder pero que me provocaban un profundo malestar. Onte entrei en X, antes Twitter, e vin un vídeo onde algúns centos de persoas solicitaban a dimisión de Mazón. Sei que se seguise avanzando un chisco, só un chisco máis, atoparía outros tantos onde se solicita a dimisión de Sánchez e mesmo dos Reis de España. Quizais procurar un espazo familiar seguro, de afecto e de protección, signifique fuxir do ruído insoportable. Mais nunca da verdade. A pregunta é: onde se agocha a verdade? A resposta é que hai tantas verdades coma seres humanos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- Agrio final judicial para la camarera de Vigo que se encontró el bar cerrado tras 10 días de baja
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Los tres trucos de los economistas para ahorrar en el Mercadona: 'Se ahorra un montón de dinero
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Hallan el cuerpo sin vida de una joven detrás del ayuntamiento de Vigo
- Oporto estrena un destino español inédito para los aeropuertos gallegos