Opinión | Segunda feira
Sempre Calígula
O foro G-20 áchase integrado por autoridades e organizacións de diferentes países que posúen o 90% do PNB planetario, o 80% do comercio interno e 2/3 % da poboación mundial. Carece de poder resolutivo pero acumula unha inmensa forza situacional. O G-20 reuniuse moi recentemente en Brasil, e o pulso do presidente Lula da Silva conduciuno á creación dunha chamada “Alianza Mundial contra a Fame e a Pobreza”, que se expón en 85 puntos candentes.
Moito ao estilo de Lula, a Alianza trata de influír sobre reximes ben diversos. A presenza no G-20, da China e dos Estados Unidos, alén doutros casos extremos, supón a dificultade ou imposibilidade para levar propostas a bon porto. A meta dunha parte dos integrantes da Alianza é un mundo sen desigualdade. Tamén sen sumisión a un centro imperialista e capitalista. Parece que foron ben recibidas as palabras do presidente chinés Xi Jinping, quen defendeu en Brasil o multilateralismo e a coexistencia pacífica entre estados nos que rexen sistemas políticos e económicos distintos.
"Cando Roma cumpre a súa xeira na historia das civilizacións, aparecen calígulas"
Servirá esta Alianza Global, para mellorar o mundo no que vivimos? Nós agoirámoslle, nos tempos que veñen, a condición de obxecto do desexo dos máis pobres e progresistas e tamén o afastamento transversal de ricos e ignorantes. En todo caso, os desexos poden verse realizados se concorren un conxunto de circunstancias obxectivas e subxectivas. Haberá que esperar futuras crises e que estas se desaten e fechen coa participación de máis persoas, nacións e multitudes esperanzadas por iniciativas coma esta da “Alianza Global contra a Fame e a Pobreza”.
Non se explicita neste texto a expropiación da burguesía. De momento, esíxese a paz negociada e o cesamento da masacre xenocida en Palestina. Celebrouse a xuntanza do G-20 e eu escribo esta bagatela cando vai ocupar o cumio dos EE UU un Trump irregular e perigoso asistido por un goberno de raros e oligarcas. Cando Roma cumpre a súa xeira na historia das civilizacións, aparecen calígulas. Camus puxo un deles diante do fondo do espello imperial. E Calígula manda Calígula “à l’Histoire”: ao pudrideiro. Necesitamos unha nova orde cívica mundial antagónica da que aínda é vixente. Apertas a X.M.Beiras.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- «Vivo con la angustia de si va a conseguir salir para quitarse la vida»
- José Manuel Parada responde tajante al comunicado de Anabel Pantoja sobre su hija: «Como periodista pido respeto»
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca
- Marián Mouriño le promete un empujón a la audiencia de Broncano: «No puedo dedicarte goles, pero te voy a dar un patrocinio»
- Quitan la indemnización a una mujer que se cayó al salir de un céntrico hotel de Vigo
- La Guardia Civil no encuentra droga en el exhaustivo registro del buque atracado en Vigo