Opinión
Desalmados e covardes contra Samuel
Cando B. chega a deshora ao encontro e aclara o motivo, sorpréndeme. Comenta que lle resultaba imposible acudir puntual porque durante a madrugada roubáronlle a alma. E claro, como ía poñer un pé na rúa así, sen razón. Con xesto serio sostén que nin pensalo, eso faría del un desalmado. “E a un desalmado —mantén B.- fáltalle o —máis importante, o entendemento”. Recoñézolle que está no certo, ninguén debería moverse da casa se lle rouban o espírito. Por sorte para B., ao pouco devolvéronllo. Xa no seu sitio é outro cantar; puido saír e, aínda que tarde, alomenos presentarse á cita coa alma intacta.
Xúlgase estes días na Audiencia Provincial da Coruña un crime de extrema brutalidade. O de Samuel Luiz. Un mozo de 24 anos, asasinado na Coruña en xullo de 2021 cando saía de festa. O caso provocou unha reacción en cadea ante ese odio que voa baixo contra a comunidade LGBT. Saltou aos informativos de medio mundo tamén pola crueldade dos agresores quenes ao berro de “¡maricón de mierda!, ían pateando a un mozo indefenso. Falouse dunha multitude, aínda que sete son os acusados. Da igual. Vinte, trece, sete... contra un. Trala segunda malleira Samuel ficou no chan. Ciscado na beirarrúa, cuberto de sangue. Morto. Sen alma. Sen razón. Os valentes coas deportivas vermellas fuxiron. Só un senegalés xunto a outro veciño tentaron o imposible. Pero era imposible.
"Ao ler as declaracións e ollando as imaxes do suceso, chámame a atención que ninguén lle botase unha man, que ninguén o axudase"
Seguindo as novas, ao ler as declaracións e ollando as imaxes do suceso, chámame a atención que ninguén lle botase unha man, que ninguén o axudase. Ese grupo, por exemplo, que se ve ao redor dun dos bancos do paseo marítimo ou esas persoas que camiñan cara a escena. Teñen á sua fronte unha liorta pero permanecen na distancia, asépticas aos golpes. Se cadra co teléfono na man pero máis nada. Logo Samuel záfase e ninguén lle pregunta como se atopa, a pesar de que en dúas ocasións tiraron con el ao chan. Non iría moi lonxe porque os asasinos aquel día querían sangue e a do “maricón de mierda” cobrábase fácil. Un tipo atordado e só, atacado nunha segunda volta e por un grupo máis numeroso, estaba “chupao” facer que a palmara. E outra vez un ollar nocturno, inerte, de quenes son incapaces de deter a agresión.
Por iso agradézolle a B. o consello: “Se che rouban a alma, fica na casa, nen poñas un pé fora”. Porque cando careces de entendemento, nen sequera es humano. Senón como es capaz de rebentarlle a cabeza a outra persoa? Ou como ollas sen impedilo, vendo que acontece á tua fronte? Cando vas pola vida sen espírito es un desalmado, un covarde.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- El Chuvi extrae un tumor del corazón sin abrir el pecho por primera vez en España
- Abre en Galicia un aparcamiento para camiones pionero en España