Opinión | Segunda Feira
Pulido e plenitude
A Asociación dos Premios da Crítica de Galicia quixo distinguir de modo especial a figura de Antón Pulido, artista de Vigo e dos Chaos de Amoeiro. El é unha fonte gurgullante que nos fornece beleza e desexo de nos sentir vivos e no corazón da Nosa Terra e do Noso Tempo: irredenta unha e azaroso o outro. Tanta riqueza sensorial, tal vizosidade mostrativa da vida e dosdesxos podería acurrarnos na autocompracencia; pero non. O discurso plástico de Pulido guianos, con frecuencia sistemática, a unha sorte de coñecemento misterioso de nós. No estoupido ordenado de liñas e cor que un cadro de Pulido é sempre, evidenciáse a vida en ritmos cromáticos inclementes. Pero tamén pode haber figuras humanas fixas que, nun e noutro cadro, voltan coa fidelidade das obsesións. Cromática e existencial, leda e reflexiva, a arte de Pulido é inconfundíbel. Retratista dun tempo en mudanza no que sempre permanece unha entraña significativa.
"O discurso plástico de Pulido guianos, con frecuencia sistemática, a unha sorte de coñecemento misterioso de nós"
Perante calquer cadro ou gravado del venme a imaxinación, caprichosa, unha viaxe que nunca fixen ou fixen só aos cachos. Pola Ponte Canedo entrar, orela dereita do Miño arriba, á feira que chamabamos do Vinteún. Logo, non sei se voando entre néboas, escorrer polo lugar de Bocomezo á capital municipal de Amoeiro e chegar axiña a Trasalba dos Chaos para render homenaxe á casa herdada por Otero Pedrayo da súas liñas paternas. Parar alí co Mestre e baixar logo, pola estradiña que mandou facer o doutor Otero Sotelo, até as viñas de Santa Cruz de Arrabaldo. Este é o arredor que lle eu imaxino a Antón Pulido, en Bóveda, que conserva na memoria toponímica tal vez incertos vestixios dunha edificación de época romana. Pulido é un artista radicado, e así gosto del. Pero Pulido non sería o pintor, o gravador e o debuxante que é se non convivise nas súa plástica todo este mundo coa arte revolucionaria que vai de Malevich a el, desde o Báltico aos Chaos de Amoeiro.
Pulido é audaz, multicultural e popular, ledo e profundador. Eu sempre tiven medo de entrar un día nun cadro de Pulido e ficar nel coma un home de costas ao espectador e que non recorda o camiño de volta á realidade. Sonlle riscos que un corre coa obra de Antón Pulido Nóvoa (con acento no o).
Suscríbete para seguir leyendo
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Samil abre este miércoles la gira de verano de Cadena Dial con once conciertos gratis
- El verano se adelanta y la primera posible ola de calor se acerca a Galicia: hasta 36 grados, tormentas con granizo y actividades en exterior canceladas
