Opinión
Un sínodo para enchoupar de esperanza
Do 2 ao 27 de outubro celebrarase en Roma a segunda sesión da XVI Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo de Bispos. Continúa os traballos da primeira sesión sobre a sinodalidade desenvolvida en outubro do ano pasado.
Foron moitos os temas que se puxeron sobre as mesas de traballo naquel momento para abordalos desde unha metodoloxía de escoita e oración; unha metodoloxía que resultou novidosa e rica en aportacións e matices. Isto fixo posible tratar, sen medo e con rigor, os chamados “temas candentes”, sobre os que a Igrexa ten que volver de xeito rigoroso e claro, superando a tentación de nomealos sen estudalos. Espérase entón moito desta nova xeira sinodal da Igrexa Universal.
Conscientes desta necesidade de continuar o traballo comezado, o 14 de marzo deste ano 2024, o Vaticano publicou unha carta do papa Francisco ao secretario do Sínodo –Cardeal Mario Grech– na que retoma algúns dos puntos xa citados por el nun documento quirógrafo –documento oficial emitido polo Papa–, do 16 de febreiro deste ano ao respecto da temática e dinámica desta segunda sesión.
Nese documento, ademais de fixar as datas de celebración, constitúe os grupos temáticos de estudo a tratar na Asemblea de outubro, uns grupos que teñen como eixe a busca de resposta á pregunta de como ser unha Igrexa sinodal en misión.
A partires desta carta, a Secretaría do Sínodo elaborou os materiais para que os grupos de traballo desenvolvesen o seu labor. Isto deu lugar ao Instrumentum laboris que servirá de base de traballo na aula sinodal unha vez comezado Sínodo.
"Entre os temas a tratar atópase a escoita dos pobres ou a misión no ambiente dixital"
Nestes materiais propóñense dez temas dos que sairá o relatorio final a presentar na sesión de outubro ao plenario sinodal. Uns temas que son froito do traballo no Sínodo do 2023, e sobre os que é preciso seguir afondando: As relacións entre as Igrexas Orientais e a Igrexa Latina, A escoita dos pobres, A misión no ambiente dixital, A revisión, en perspectiva misioneira e sinodal, da Ratio Fundamentalis Institutionis sacerdotalis; Algunhas cuestións teolóxicas e canónicas respecto a formas ministeriais específicas; Revisión, en perspectiva sinodal e misioneira, dos documentos sobre relacións entre Bispos, Vida Consagrada e Agregacións eclesiais; Algúns aspectos da figura e ministerio do Bispo en perspectiva sinodal e misioneira, O papel dos representantes pontificios; Criterios teolóxicos e metodoloxías sinodais para o discernimento compartido sobre cuestións doutrinais, pastorais e éticas controvertidas e A recepción dos froitos do camiño ecuménico na praxe da Igrexa.
Froito destas liñas de traballo, o 9 de xullo de 2024, faise público o Instrumentum laboris para a segunda sesión de XVI Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo dos Bispos. Un documento que non ofrece respostas pechadas, pero si propón preguntas a debater e discernir na aula sinodal. O texto estrutúrase en cinco partes: introdución, fundamentos e tres partes centrais. Respecto destas tres partes é importante destacar o percorrido que logo terá nas discusións na aula sinodal –está por ver– o compromiso de que a Igrexa sexa, nun mundo confrontado e crispado, sinal de unidade e instrumento de reconciliación e escoita para todas e todos. E fundamentalmente para as persoas pobres, marxinadas e as minorías afastadas do poder.
E todo desde unha xeira de discernimento e honestidade na discusión que, como ben di este Instrumentum laboris só será posible “cos pés na terra”, é dicir , tendo sempre moi en conta os contextos, complexos e peculiares, e sen caer na tentación de respostas a eito.
Moitas son as inquedanzas que este Sínodo suscita na Igrexa. Oxalá que todas elas se aborden con parresía –audacia– e sen medo a dar resposta de esperanza a tantas persoas en desesperanza.
*Centro Teolóxico Vigo
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
