Opinión
Amigos para siempre
Esta semana -por iso de ter festa no martes de Entroido- pisei Ferrol para desfrutar da magnífica exposición do fotoxornalista Bernardo Pérez, no Centro Cultural Torrente Ballester. Debo recoñecer que me soubo a pouco, que a visita pasóuseme nun plis porque goceina. Se puidera, botaría alí a tarde enteira, pois todos os retratos de Bernardo teñen o seu aquel. Sobra dicir que é altamente recomendable visitala. O caso, é que das moitas fotos houbo unha que me lembrou ao momento político actual. Os protagonistas eran dous pesos pesados dos noventa: Felipe González e Jordi Pujol, compartindo asento nunha reunión en Madrid aló polo 1998. O retrato capta a Felipe escachando coa risa, ensinando toda a dentición cun sorrir amplo e franco, esaxerado, incontido, ante un Jordi que mantén un ademán máis temperado. Seguro que ambos, logo dese instante, acabarían rindo.
Ese compadreo do PSOE cos cataláns a fins do século xa viña de antes, claro. Porque a comezos da década, no 1993, para lograr a investidura de González, fixéranse ben colegas. Só que, ás veces é bo mudar de amistades. Apenas tres anos despois tocaríalle a quenda ao PP. Nos comicios de 1996, para levar á presidencia do goberno a José María Aznar, cumpríalle ao Partido Popular facer boas migas cos cataláns. Pouco importaban os lazos fraternais entre socialistas e CiU durante tres anos de lexislatura. Os populares tampouco son ciumentos e se había que falar catalán, falábase, aínda que fose na intimidade. O que aconteceu logo, é historia de sobra coñecida.
"Agora Pedro Sánchez está como González, e tócalle rir as bromas do procès"
Agora Pedro Sánchez está como González, e tócalle rir as bromas do procès: que se unha declaración de independencia, que se un referendum, unhas protestas de Tsunami Democràtic... E a cousa non remata aquí. A de broncas que leva aturado este San Pedro por tratar de amnistiar a Carles Puigdemont. E, en verdade, -estou convencido- as intencións de Sánchez son boas. Máis aló de presidir o goberno (minucias), Pedro desexaba que puidéramos volver a cantar -coma durante as Olimpíadas de Barcelona-, collidos da man, españois e cataláns, ese himno que derruba fronteiras: “Amigos para siempre” de Los Manolos. Que cousa tan bonita! Só que (sempre hai un pero), agora enterámonos que tamén Feijoo quería indultar a Puigdemont -condicionadamente, ollol!, pero indultalo- e todo co ben intencionado propósito de reconciliar as dúas Españas (a do centro e a catalá). Ou sexa, que despois de tanta mani, tanta concentración, tantas pitadas e tanto desgusto nacional vai resultar que Sánchez e Feijoo son iguais: dous homes, coa moi respectada e entendible aspiración de presidir un goberno. Logo que... para iso deban amnistiar -ou indultar- a determinados persoeiros, pois adiante, todo sexa pola concordia e amigos para sempre.
Suscríbete para seguir leyendo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- Indra contratará a 170 personas en Galicia y centrará en Vigo su centro de ingeniería para guerra electrónica
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Papá y mamá te acompañan: Carla Lago se estrena en la Vig-Bay tras perder a sus padres en dos años por inesperadas enfermedades
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
