ao pé do farelo

O erro da democracia

Ángel Utrera

No desenvolvemento do xogo político no que estamos, admitindo como base de partida irrenunciable que a democracia é sen dubida algunha o mellor dos sistemas coñecidos, xa que non podemos cuestionar nin poñer en solfa ca representación do pobo por delegación nos partidos políticos, e do mal o menos e todo o demais sería ir de Guatemala a Guatepeor, fascismo, tiranía, nepotismo, pois digo retomando o fío da miña exposición que dentro de este xogo en democracia, por certo palabra de orixe grega formada polos dous termos; (démos), que significa ‘pobo’, e (krátos), que vendría a traducirse como ‘poder’ o ‘goberno’. Deste xeito etimoloxicamente, a palabra democracia significaría ‘o poder do pobo, como é sabido.

A democracia nace en Atenas, cidade-Estado da Antiga Grecia, no século V a. de C., nos tempos de Pericles. Daquela as decisións mais importantes que afectaban os cidadáns, se tomaban en base ao apoio maioritario dos homes libres, excluídos mulleres, escravos e estranxeiros, e estaban supervisadas e aprobadas en ultima instancia polo Senado, conxunto de homes de maior idade, experiencia e sabedoría. Calquera parecido coa actualidade é pura coincidencia, no que o cargo de Senador é algo así como un premio polos servizos prestados, un santuario de elefantes, onde retirarse.

Dende entón as cousas foron mudando e na actualidade o concepto de democracia cualifica calquera sistemas políticos modernos no que a cidadanía pode participar na toma de decisións políticas a través de mecanismos de participación lexítimos, como el voto.

O problema que na actualidade se nos prantexa e previrte a idea primixenia da democracia, é que este voto inicial convertese nun mandado cos partidos políticos transforman e perverten en función dos seus intereses partidistas, mesmo ignorando, e desprezando outras opinións doutros cidadáns que votaron a outro liña política, incluso que sexa interesante, útil ou necesario o que propoñen.

O problema de hoxe en dia, é precisamente a cerrazón, o enfrontamento e a negativa de aceptar as ofertas, propostas, ou opinións dos que non forman parte do teu partido, impoñendo sobre todo e contra todo a forza da maioría dos votos, e aínda que inicialmente estes non se prestaran para esta forma de actuación.

Lamentablemente un día si e outro tamén estamos a ver aquí, e alá esta patética forma de facer politica, sen escoitar, sen respectar, sen avaliar, sen admitir a opinión dos que non pensan coma ti, que tes o bastón de mando. Para mostra un botón do último pleno do ano no Concello de Agolada.

Cousas veremos.