Mulleres maiores que viven soas con mascota
Quero falar das persoas maiores que viven soas na España quen,segundo estatística do ano 21, o 70,9% son mulleres que duplican ao número de homes a partir dos 85 anos. Falar delas e de como lles afecta a Lei de Benestar e Protección Animal.
O escándalo e preocupación que suscitou a multa de 500€ para a propietaria dunha mascota deixada atada durante a merca de medicamentos á porta dunha farmacia, non mo podía crer. Tanto que estiven a piques de chamar ao meu farmacéutico, amante dos cans, para que puxese un mostrador fóra da botica e así poder atender a quen temos can. Ademáis, pensei en advertir ás traballadoras da miña froitaría habitual para que retirasen os enganches existentes á porta do negocio, non fose a ser que o policía local da multa aplicase denuncia por incitación ao delicto.
Xa pasando da mofa, o kafkiano feito levoume a considerar a situación do case un terzo de persoas maiores que conviven con mascotas, maioritariamente mulleres. Animais que animan e motivan para sairen ás que viven soas. Mascotas xeradoras e potenciadoras de hábitos de socialización no encontro con outras persoas propietarias de cans, acompañantes en toda sorte de recados como no caso da multa que me ocupa. Por non falar dos cans que tamén implican seguridade para moitas mulleres nas súas vivendas e por suposto, nos seus paseos nocturnos.
"Vigo é unha das cidades co índice máis alto da España en mascotas e onde a meirande parte dos establecementos recébennas con absoluta normalidade"
Hoxe atopeime cunha destas mulleres, quen coñezo pola súa cadela.Ía soa e pregunteille pola súa amiga. Díxome que falara cunha veciña para lla pasear xa que tiña ocupada a mañá en xestións varias ordinarias, precisando bo cacho do tempo matinal por mor do devagar propio dos seus anos. Temía arriscar 500€ da pensión por deixar atada á cadela en calquera dos establecementos.
Tranquiliceina contándolle que o día anterior estivera nas dependencias da Policía Local realizando unha xestión e rematada esta, aproveitara para lles preguntar si era certo o da multa. Confirmáronme que si admitindo, coido eu, con certa vergoña que faltara sentidiño nesa actuación.
Díxenlle que cría na sinceridade destes funcionarios pois son dona dunha cadela galga bastante xarela cos descoñecidos e que ademáis non entende de uniformes nen de autoridade pois no seu descaro coa xente, achégase tamén aos uniformados e estes sempre lle corresponden con agarimoso aloumiño. A miña experiencia fala de trato cordial para mascota e acompañante.
Sabido é que Vigo é unha das cidades co índice máis alto da España en mascotas e onde a meirande parte dos establecementos recébennas con absoluta normalidade.
Agardemos que o sentido común, o sentidiño do que falaba este policía local, impere. Teña por seguro o noso rexedor que os e as amantes das mascotas, estamos a prol dunha lei xusta pero sen compulsións punitivas, se cabe aínda máis absurdas cando resulta que esta Lei do Benestar Animal ignora a touros, galgos e podencos, por causa de supostos intereses económicos tan afeitos ao tecido de tratos e componendas en xornada de caza. E o goberno axeonllado perante a “escopeta nacional”, non vaia ser.
Suscríbete para seguir leyendo
- Localizan en un albergue de A Coruña a la mujer que se buscaba desde ayer por mar y aire en Rande
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Una okupación eterna: «Es inhumano»
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- De antiguo complejo textil a ser el hotel con más encanto de Galicia: un paraíso 'escondido' a cuarenta minutos de Vigo
- El Celta negocia con seis artistas para los conciertos en Balaídos de este verano
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal