Celta de Vigo, ano 1996
Á afección máis nova do Celta posibelmente ninguén lle dixo que hai 27 anos, no 1996 e sendo presidente Horacio Gómez, fixera unha forte campaña contra a violencia de xénero, tendo sido o primeiro e único equipo de fútbol da España que se comprometeu públicamente contra desta eiva social. Coido que este é un bo momento para o lembrar.
Era unha época difícil na loita contra a violencia dirixida ás mulleres pero o presidente abrazou esta campaña cun lema directo: "Xogo limpo entre homes e mulleres". Déronse rodas de prensa anunciando a campaña e fíxose chamamento aos outros equipos de fútbol para sumárense aínda sabendo que era moi difícil que aceptasen. Acordouse que o día do Celta-Valencia fosen emitidas no descanso mensaxes co devandito lema xunto con outros chamamentos ademáis das pancartas que considerásemos. Así foi.
"Foi un día emotivo cun Celta transformado en vangarda social, a violencia de xénero aínda estaba a ser cuestionada"
Foi un día emotivo cun Celta transformado en vangarda social, a violencia de xénero aínda estaba a ser cuestionada por algúns sectores reaccionarios que por desgraza, están a rexurdir querendo que as agresións e asasinatos de mulleres volten ser consideradas coma un problema da esfera privada.
Hoxe, o presidente Mouriño sabemos que está a vivir momentos difíciles cun agresor de mulleres como Santi Mina, condenado polos tribunais por segunda vez. É de agradecer a digna e rexa decisión, dende o primeiro momento, da exemplar institución celeste que o agresor non merece representar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conductor que arrolló a dos guardias civiles en Vigo casi triplicó la tasa máxima de alcohol
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- Un amigo de Anabel se sincera acerca de la desconfianza de su entorno sobre David Rodríguez: «Cosas tan horrorosas y feas...»
- Samil contará con un camping para autocaravanas