Populismos esta a se converter en politica na palabra de moda nestes últimos tempos, no que todo se compra e vende, nada perdura e todo absolutamente resulta banal menos a vida dos que morren pola nosa insensibilidade e egoísmo manipulador de estes que están a construír nas nosas ficticias democracias occidentais, un sistema político no que a representatividade do pobo e a xente a través do voto, a “Democracia”, ou goberno do pobo, significa delegar e que eles fagan logo con eses votos o que lles peta, incumprindo programas electorais, mentindo e adaptando a legalidade os seus intereses en cada caso, tan pronto gañan as eleccións.

Aínda a sabedores de que isto éche así, resulta imprescindible acudir a depositar o noso voto, nun ou outro sentido para polo menos exercer o dereito ao pataleo.

Pasamos case sen decatarnos, trala caída do muro de Berlín, e o derrube das economías socialistas/comunistas, de unha economía real produtiva a un capitalismo globalizado, que resulta seren basicamente financeiro e polo tanto, especulativo ao cen por cen, baixo a atenta ollada e o pau desta Europa de mercados e mercadores.

No noso país e na zona Euro e sobre todo nos países do sur; Grecia, Portugal, Italia e España, esta transformación e sometemento económico os poderes facticos financeiros, tiña que ir e foi acompañada dunha perda real de poder de decisión e como consecuencia perdemos soberanía a prol de Alemania e o norte que é a que decide e curta o bacallau, guste ou non.

Este resulta ser o caldo de cultivo ideal para os movementos chamados “Populismos” e “Ultras”, xa que se moven coma peixe na auga, no descontento e a frustración que ven parella coas políticas de reformas, que non son mais que a materialización do neoliberalismo capitalista; os ricos mais ricos cada vez e os pobres mais pobres, desaparecendo a clase media, que non interesa.

Pero ollo, porque estamos a vivir unha situación que semella xa vivida no período entre guerras do século XX, salvando as distancias e diferencias evidentes. Naqueles anos 20 na Alemania da pre guerra mundial o reparto do poder económico entre as industrias do aceiro e o ferro a que se contrapoñía un novo capitalismo progresista que buscaba novas formas de produción e reparto da riqueza, deu na aparición do Nazismo, coma forma de populismo, foi a elección de Hitler e os seus, que souberon coma ninguén encamiñar o desencanto e o descontento desesperado da xente, as que trouxeron as consecuencias coñecidas de todos; A segunda Gran Guerra mundial, curiosamente gañando unhas eleccións libres e democráticas.

Na actualidade, volvemos ver o desencanto, a agonía do neoliberalismo capitalista e a súa presión sobre os pobos e a xente e deste xeito a aparición dos lideres populistas, os nacionalismos, os extremistas do nazismo radical e o racismo puro e duro, en USA, Francia, Italia, Romanía, Bulgaria, España e unha interminable lista de países que se encamiñan cara o lado dunha nova forma de fascismo capitalista, e curiosamente revestida e bendecida pola nosa santa Democracia, o que ven demostrar, novamente o papel desenrolado na manipulación dos medios de produción económicos, a través da información publica, tal e como descubriu no seu dia o monstro asasino Goebels, o mesmo que defendeu; unha mentira mil veces repetida, remata por se converter nunha media verdade.