tRIBUNA LIBRE
O rural de Lalín que precisamos tod@s
Francisco Vilariño*
O BNG de Lalín vén de ofrecerlle a tódalas forzas políticas do Concello un pacto local polo noso rural. Fixen esta proposta convencido de que entre todos e todas podemos vertebrar Lalín rematando coas desigualdades que complican as vidas de case 9.000 veciños e veciñas que viven nalgunha das nosas parroquias do rural. O BNG deseñou para o rural de Lalín unha folla de ruta para xa e co horizonte posto nos vindeiros 8 anos nos que temos que ser quen de colocar en pé de igualdade ás dúas metades da poboación do noso concello.
O compromiso co rural ten que deixar de ser algo clientelar, de apañar votos con obras, visitas e bacheos antes de cada convocatoria electoral. O rural de Lalín é un dos nosos maiores tesouros, e precisa de todos e todas para non esmorecer farto de que as políticas municipais os consideren cidadáns de segunda tres de cada catro anos. É o momento da POLÍTICA con maiúsculas, da política real e útil para mellorar a calidade de vida da xente.
O BNG traballou arreo neste pacto local porque sabemos que usando criterios de igualdade, sustentabilidade, desenvolvemento económico, mobilidade e investindo sistemáticamente un mínimo do 55% do orzamento municipal no rural, melloraremos o benestar, a calidade de vida e o futuro da metade da poboación do noso concello, e iso revertirá ademáis no desenvolvemento da outra metade.
As contas son claras, as medidas a implementar tamén, e persoalmente creo que o obxectivo de igualar rural e urbano en Lalín é tan urxente que todas as forzas políticas municipais temos que ser capaces de comprometernos neste Pacto Local, sacalo da campaña electoral e sentarnos a traballar dunha vez por todas para que a veciñanza do rural de Lalín deixe de ser “de segunda”. Os mesmos servizos sociais, garantir a mobilidade e as comunicacións, o urbanismo, o turismo, a economía, a cultura e o lecer teñen que ser iguais para todos, vivamos no recuncho de Lalín no que vivamos.
O rural de Lalín reclama o mesmo futuro que o urbano. Están fartos de ser a despensa mentres padecen carencias inexplicables no século XXI. As materias primas que produce o noso rural teñen feito do noso comercio e a nosa gastronomía o mellor selo de calidade en todo o mundo. Pois ben,chegou o momento de que os políticos esteamos á altura, rachemos coas desigualdades e vertebremos e deseñemos o futuro de Lalín contando con todos e todas.
*Candidato do BNG á Alcaldía de Lalín
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- «Vivo con la angustia de si va a conseguir salir para quitarse la vida»
- La borrasca Éowyn supera las previsiones en Galicia: ya se registran vientos de más de 170 kilómetros por hora
- Remolcado un portacontenedores que se quedó sin motor a la entrada de la ría de Vigo
- Muere una mujer de 89 años en un incendio en su casa en Porriño
- Una deuda de 215.000 euros ahogó la segunda vida del clásico restaurante Follas Novas de Vigo
- La familia Armada acelera la venta del histórico astillero por cuatro millones
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro