Opinión | Tribuna LIBRE

Xulio Pardellas

Aparcar para a vacinación

É posible que vostedes ignoren o significado do concepto “edadismo”. Vounos ilustrar. Edadismo: maltrato e abuso a persoas maiores.

Como vostedes saben, estes días os maiores de 70 anos están citados polo Sergas para poñer a cuarta dose da vacina do COVID, no baixo do edificio da Xunta. Moitos destes maiores teñen problemas de mobilidade e acoden acompañados por familiares no seu coche. Xusto no inicio da rúa Luis Braille hai un sinal que indica “aparcadoiro para vacinación”, sen máis datos. No día de onte, xoves 27, moitos coches entraban na rúa Espincelo para achegar o máximo posible a estes maiores ao lugar da vacinación. A iso das 11.30, apareceron dous membros da policía local, comezando a poñer denuncias no parabrisas dos coches alí aparcados. Algún familiar dirixiuse a eles indicando que levaran a unha persoa maior a vacinarse, entendendo que este era o lugar axeitado para agardar por eles, mais a resposta dos policías foi textual: “nós estamos aquí con orde de sancionar aos coches mal aparcados”.

Poñamos a situación como era: o sinal antes citado na rúa Luis Braille só indicaba que alí había un aparcadoiro para a vacinación, sen citar outros nomes de rúas. Os coches que entraban na rúa Espincelo deixaban aos maiores, como moito esperaban 15 minutos por eles e logo marchaban. Nesta rúa non hai outros tránsitos, polo que non atrancaban o paso de ninguén. Semella obvio, en consecuencia, que o obxectivo da orde que recibiran os policías locais non era para facilitar aos maiores o acceso á vacinación, senón moi pola contra, para sancionalos, ou sexa, en sentido estricto, actuar sobre eles con maltrato e polo simple feito de seren maiores, ou sexa, actuar con edadismo. Por certo, logo souben que algo semellante xa acontecera xusto hai un ano, en novembro de 2021, cando os maiores foran citados para recibir unha nova dose da vacina Covid e os coches que os levaban tamén se denunciaron nesta mesma rúa.

Este é o modelo de cidade para as persoas que Vdes defenden?

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents