Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

A feira de gando que non foi

Eu de vacas tan só sei que teñen catro patas, dous cornos se rabo e que como as meigas, habelas hainas, aínda que cada día menos ou nesas macro granxas que tan pouco gustan ao ministro.

E de seguido segundo aviso para deixar aclarado o panorama, eu cada día estou máis pasmón e entendo menos de todo, así que preciso aclaracións transparentes e moi, pero que moi clariñas para entender e compartir algo.

Unha vez vistos os meus puntos de partida empezo por recoñecer que o que pasou o día 12, coa feira que non foi feira e quedou nunha poxa de gando da exclusiva propiedade do representante do colectivo Agolada Rural, Rafael Méndez É de tolos, un dislate total.

En principio para min a idea orixinal do evento promovido era mais que interesante. Nada menos que un punto de inflexión no declive do rural do interior do país, empezando por Agolada e a súa desaparecida feira de gando, que non podemos esquecer ata non fai moitos anos era unha das de maior importancia, da comarca, con tratantes e gandeiros chegados dos catro puntos de Galicia, Asturias, o Bierzo e mesmo de Portugal.

Evidentemente todos nós somos coñecedores de que aqueles tempos de batas escuras, tratantes de poucas palabras, de rostros curtidos polo frío, e cheos de engurras, o cigarro liado de petaca e picadura, sempiterno colgados dos beizos, o pucho calado ata os ollos e o caxato nas mans, que pechaban tratos simplemente nunha aperta entre o comprador e o vendedor, pasaron a historia.

Agolada Rural pretendía poñer un punto e seguido neste rosario de tristuras e sen sabores que está a soportar o rural, e amosar que outro xeito de facer as cousas é posible, pero aí xurde a dúbida. Tantos tempo argallando esta nova forma de facer feiras, e darlle un pulo a mesma, e non cumpres os requisitos mínimos exixidos pola Xunta de Galicia, e a súa Consellaría de Medio Rural?.

Velaí temos a primeira incógnita da ecuación, sen resposta. Xa que dende a institución autonómica se informa de que reiteradamente os convocantes ignoraron e non cumpriron os requisitos exixidos para convocar unha feira de gando, empezando pola documentación sanitaria e veterinaria do gando concorrente.

Segunda incógnita da ecuación. Agolada tiña dende facía anos unha das feiras de gando mais senlleiras do país. Deuse de baixa a mesma polas autoridades do noso Concello?. Diferentes fontes afirman que a autorización de vello existente para a celebración das feiras foi cancelada e dada de baixa a solicitude do Concello. Descoñecemos os motivos.

Máis incógnitas: o representante convocante da poxa resulta ser edil do Concello de Agolada polo Partido Popular, o mesmo que non deu apoio á celebración da feira, porque estaba avisado de que non se cumpriran os trámites previos imprescindibles esixidos polas autoridades da Consellaría de Medio Rural. Logo, Rafael Méndez por qué decidiu seguir adiante, mesmo rexeitando o apoio institucional do seu partido e o asesoramento necesario para presentar a documentación imprescindible?.

Moitas, demasiadas incógnitas para resolver esta triste ecuación, na que perdemos todos.

Compartir el artículo

stats