Opinión | Os camiños da vida
Del Riego
Falamos do tempo en que Francisco Fernández del Riego, en plenitude de potencias intelectuais, dirixía o galeguismo desde o seu despacho da Biblioteca Penzol aberta aos investigadores na rúa Policarpo Sanz de Vigo. Sabendo ben o que facía, Del Riego permitíalles a Xosé Ramón Reboiras Noia e a Xosé González Martínez, mozos que andaban en proceso de asumir a dirección da UPG, usaren espazos da Fundación Penzol para as súas actividades de organización política.
Na noite que precedeu ao Primeiro de Maio de 1970, individuos descoñecidos, coordinados e numerosos, fixeron saltar os fechos da Biblioteca Penzol e, penetrando no seu interior, rexistraron as súas dependencias, incluso o despacho persoal de Del Riego. Non roubaron nada aínda que remexeron moito. Ao mesmo tempo e hora, forzáronse en Vigo negocios particulares e institucións culturais máis ou menos relacionados coa oposición antifranquista e co nacionalismo galego. Todos os locais asaltados naquela noite estaban radicados no centro de Vigo. Sofriron este tipo de ataque, ademáis da Penzol, a Asociación Cultural de Vigo, Gráficas Numen, a empresa Plastibar, a Alianza Francesa, un dos locais dos Xesuitas no edificio dos Apóstolos. Considerouse que os asaltos foran planificados e postos en práctica pola BPS (Brigada Político-Social) que na comisaría de Vigo dirixía Waldo López Mazaira.
"É o autor que maior influencia exerceu na creación do canon literario galego"
O director da BPS de Galicia era, daquela, José Ramón Piñeiro, con posto de mando na Coruña. O feito de os malfeitores non se apropiaren de diñeiro nin de obxectos valiosos robustecía a idea de que se trataba dunha operación intimidatoria destinada a frear a reconstrución en Galicia do PCE e a instalación dunha UPG que ampliaba os seus desafíos ao franquismo.
O citado Xosé González Martínez acaba de me facer acordante deste episodio represivo das véperas do 1º de maio de 1970. Anos antes, Fernández del Riego creara, na RAG, o Día das Letras Galegas que converteu cada 17 de maio nun segundo día da Patria. Pois ben, o próximo Día das Letras estará dedicado á propia figura de Del Riego. Del Riego será lembrado como ideólogo, activista, escritor. Espero que se reconstrúa con veracidade a súa traxectoria política sen excluír a ruptura final co piñeirismo e o seu distanciamento da editorial Galaxia. Tamén non debería esquecerse que Del Riego é o autor que maior influencia exerceu na creación do canon literario galego que rexe na actualidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»