Opinión | Segunda Feira
Sacrificado no Grande Xogo
Antes de se converter no segundo presidente dos EE UU, John Adams viaxou a Londres para restaurar os lazos que racharan entre a coroa inglesa e as colonias revolucionarias triunfadoras. Sobre o revelador diario de viaxe de Adams, escribiría Ezra Pound, coido que no ano 1940, o Canto LXV no que o poeta recolle, de forma onírica, fragmentos da realidade que percibiu Adams ao pasar por Galicia camiño de Inglaterra. Pódese ler o Canto LXV, en inglés e en galego na colección da revista A Trabe de Ouro. Sorprende esta descrición dunha Galicia peculiar e desolada.
A elocuencia de Pound, lévanos a ver, no noso País, miserabeis casas terreñas, porcos de saborosa carne que foron cebados con víboras, ningún habitante gordo non sendo os cregos. Despois da Declaración de Independencia, John Adams, protagonista dun ciclo de poemas de que Pound é autor, soubo abrir un período de cooperación entre os EE UU e Inglaterra que se prolonga até os nosos días despois de pasar polas probas que dúas guerras mundiais supuxeron.
Achámonos agora no punto en que Boris Johnson foi obrigado a dimitir como primeiro ministro. Da a sensación de que feito tan grave como o da conspiración contra Johnson dentro do partido conservador só pode ter orixe nunha forza moi grande. Non penso que a conduta casualmente transgresora e disparatada do primeiro ministro poida constituir motivo suficiente para removelo do seu cárrego.
Ninguén acredita en que aquela amizade, fundada no século XVIII, entre Inglaterra e os EE UU se mire quebrantada agora debido á extravagancia de Boris Johnson. Con este primeiro ministro, Gran Bretaña estaba á cabeza dos que se agruparon velozmente en favor de Ucraína e contra Rusia. Pero comentaristas non alineados no conflito entenden que Johnson representaba un perigo de resurreción da Commonwealth que Estados Unidos pretendeu corrixir no seu favor e de por si. Johnson enfatizaba a súa adhesión a Washington, pero algo non lle parecía de enteira confianza ao Departamento de Estado e ao presidente Biden. Até o extremo de faceren o preciso para botar a Johnson da boca do escenario político. Veleiquí a ambición do Imperio nesta hora: impedir o multilateralismo. Diante nosa temos un Johnson no rol de vítima do Grande Xogo de que falara Ruyard Kipling en narracións imperialistas que non se esquecen.
Suscríbete para seguir leyendo
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- El trabajo del Aeródromo Militar de Santiago: «Si Rusia nos amenaza podemos responder en solo 15 minutos»
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Muere un motorista de O Rosal al chocar con un coche cuyo conductor se dio a la fuga
- Condenados a 22 y 15 años de cárcel los dos acusados de incendiar dos «vitrasas» en Vigo
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- «Nunca hemos querido ser un festival grande, pero sí un gran festival»