Opinión | TRIBUNA LIBRE

Eugenio González*

O muraño fatal

Mariano Abalo, factótum iluminado de lideiras e incontinencias varias, síntese como o muraño que roe os cimentos do municipio, onde só prosperan aqueles disparates que nas noites de roenda se lle ocorren.

Nesas ideas bananeiras, el, o artista propio, sempre ten razón e son os restantes concelleiros, actuais ou pasados, os culpables do infortunio ou descubrimento das súas falcatruadas.

A piques de cumprirse 43 anos de receitas murañas de Mariano Abalo, todos os demais son culpables de todo o malo. E el, o muraño fatal, só fai cousas brillantes.

43 anos de aguantar o muraño pseudorevolucionario xa chegan dabondo para calquera. Resístese a cumprir coa lexislación ou aférrase á poltrona, aínda que só estea el e un par máis no desgoberno.

Non se inmuta en mentir por escrito, aínda que as mentiras se lle volvan en contra. Por exemplo, de todos os partidos de Cangas só a FPG ten local propio. Pero o muraño fatal vai seguir enlodando e destruíndo a convivencia en Cangas.

Deber ser moi duro ser Muraño Fatal. Pobre municipio, en que mans está. 43 anos, Faga algo bo pola vida e deixe de mentir!

*Concelleiro e secretario xeral do PSdeG-PSOE de Cangas