Fixen un pequeno poema para homenaxear e recordar a persoa que cos seus libros puxo a parroquia de Tirán na boca de miles de persoas. Hoxe a parroquia é visitada por moita xente que leron os libros de Domingo Villar. En nome da Asociación de Veciños de Tirán queremos agradecerlle a súa labor con este poema:

Pola noite desde a fiestra, vexo esas luces febles das gamelas que bailan ó son das ondas.

Escoito falar ós mariñeiros que traballan pegados a terra, alí onde durme a pedra do Corbeiro.

Tamén vexo vir as néboas xogando coas sombras, e nunha desas sombras vin o último barco.

O último barco puxo rumbo o horizonte infinito, con soños e ilusións pegadas a súa alma para sempre.

Para Domingo Villar, o capitán do barco.

*Escritor e directivo da Asociación de Veciños de Tirán